Secundino Fernández di que os populares teñen unha “oportunidade de ouro” no debate dunha iniciativa nacionalista contra o “nefasto” tratado
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro, 2025. O portavoz de Medio Rural do BNG, Secundino Fernández, empraza os populares galegos a rectificar a súa postura respecto ao tratado entre a Unión Europea e Mercosur, apoiando así o sector agrogandeiro galego nas súas reivindicacións contra un tratado que é “nefasto” para o País. “Provocará o empobrecemento e a desaparición de pequenas e medianas explotacións e dará entrada a produtos alimenticios sen garantías, prexudicando tamén as e os consumidores”, advirte.
O BNG defenderá este venres no Parlamento unha iniciativa na que se insta á Xunta a rexeitar o acordo de Mercosur polas graves repercusións que terá no agro galego. O debate e votación desta iniciativa na Comisión de Agricultura constitúe —asegura Fernández– unha “oportunidade de ouro” para que o PP de Rueda se retracte e demostre que realmente defende os intereses de Galiza, do seu sector agrogandeiro e dos e das consumidoras.
Secundino Fernández lembra que o pasado mes de febreiro o BNG xa presentou no Parlamento unha moción para rexeitar o acordo e que entón o PP votou en contra, “posicionándose claramente a favor do tratado con Mercosur e en contra de Galiza”. “Diante das mobilizacións do sector en Ourense e Lugo, o PP intenta agora manipular a opinión pública, mentindo descaradamente sobre a súa postura sobre o tratado”, sostén, recordando a defensa que o propio Alfonso Rueda fixo do tratado durante a súa última viaxe a Uruguai.
“Agora din, de xeito demagóxico, que se opoñen ao tratado”, critica o portavoz de Medio Rural do Bloque, que subliña que a primeira noticia da páxina web do Grupo do PP en Europa segue sendo hoxe a de que van votar a favor de Mercosur “para impulsar a economía europea” e porque constitúe “un fito que reforza a competitividade e a autonomía estratéxica de Europa”.
Fronte á postura dos populares, o BNG amosou sempre o rexeitamento a un acordo que, segundo explica Secundino Fernández, prexudica “enormemente” as explotacións agrarias galegas porque vai supor a entrada de produtos o Mercosur, como carne de vacún e avícola, “a prezos moi baixos” e con estándares de calidade por debaixo dos que esixe a UE aos seus produtores.
“As mulleres e homes que manteñen abertas as explotacións nas nosas parroquias non poderán competir con estes monstros da produción agropecuaria”, remarca o deputado, que advirte ademais que o tratado traerá consigo un “grave problema” para os consumidores pola “falla de transparencia e certificación das condicións da produción de Mercosur”, onde “os cultivos e a cría de gando se realizan en condicións moi diferentes, pois nestes países permítese o uso de pesticidas, herbicidas e antibióticos que están prohibidos na UE”, explica.
A iniciativa do BNG que se debaterá mañá insta á Xunta a opoñerse ao acordo entre a UE e Mercosur “polas graves repercusións que terá no sector agrogandeiro galego” e a transmitirlle esta posición ao Congreso, ao Goberno do Estado , ao Parlamento Europeo e á Comisión Europea.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



