Burela, 16 de xaneiro, 2026. O Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, vén de anunciar as persoas gañadoras do Concurso de Postais e do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2025”, dúas iniciativas culturais dirixidas á infancia e á mocidade con motivo das festas do Nadal.
Concurso de Postais “Nadal 2025”
Educación Infantil
• Erea Fontenla Suárez (CEIP Vista Alegre)
• Mara Blanco Ramos (CEIP Cervo)
• Icia Arranz Varela (CEIP Vista Alegre)
1º e 2º de Primaria
• Naia Fontenla Suárez (CEIP Vista Alegre)
• Martina Cociña Lestao (CEIP Os Castros)
• Manuela Bruno Oliveira (CEIP Os Castros)
3º e 4º de Primaria
• Teo Domínguez García (CEIP Vista Alegre)
• Alejandro Diéguez Ruiz (CEIP Fondo Nois)
• Helena Turcu (CEIP Os Castros)
5º e 6º de Primaria
• Pedro Cociña Lestao (CEIP Os Castros)
• Elsa Pernas Otero (CEIP Os Castros)
• Milton Gomes Martins (CEIP Os Castros)
Certame de Poesía Infantil “Nadal 2025”
Categoría A (ata 8 anos)
• Naia Fontenla Suárez (CEIP Vista Alegre)
• Lidia Ares Fernández (CEIP Vista Alegre)
Categoría B (9 a 11 anos)
• Teo Domínguez García (CEIP Vista Alegre)
• José M.ª García Fra (CEIP Vista Alegre)
• Sara López Pena (CEIP Vista Alegre)
Categoría C (12 a 16 anos)
• Jimena García Fra (IES Monte Castelo)
• Jaume Fernández López (IES Monte Castelo)
• Carlota Eimil Ramos (IES Monte Castelo)
Entrega de premios
O acto de entrega terá lugar o mércores 28 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
Participación na fase provincial
Os poemas premiados nesta fase local participarán na fase provincial convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Os textos galardoados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo, que poderá publicalos e incorporalos ao seu libriño conmemorativo anual.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, felicitou as persoas premiadas e a todas as participantes, destacando “a creatividade e a calidade dos traballos presentados”. Subliñou tamén que “estas iniciativas reforzan o compromiso do Concello de Burela coa promoción da lectura, da escrita e das expresións artísticas dende idades temperás”.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



