Cariño, 17 de xaneiro, 2026. A alcaldesa de Cariño, Ana María López, visitou este venres o centro de día da localidade acompañada dun técnico da Xunta de Galicia e do arquitecto David Novo, encargados da supervisión e valoración do estado e das condicións actuais do edificio no que se atopan as instalacións.
Durante a visita realizouse unha valoración estrutural necesaria para continuar coa elaboración do informe final que determinará as necesidades técnicas e económicas para executar as obras. Este é o paso previo ao estudo das vías de financiamento que permitan levar a cabo o proxecto. “Estamos comprometidos con facilitar a nuestros vecinos y vecinas los servicios necesarios que les permitan gestionar mejor su día a día en términos de cuidados físicos y emocionales; y la reestructuración del centro de día es un paso clave para ello”, explicou a rexedora.
Este proxecto forma parte do plan de melloras dos servizos sociais que o goberno local ten en marcha para avanzar cara a unha atención máis completa e axustada ás necesidades das persoas dependentes ou que precisan un coidado máis personalizado. Uns obxectivos que se acompañan da recente aprobación por parte do Concello de Cariño do Plan de Obras e Servizos (POS+) 2026 da Deputación Provincial da Coruña destinado a gasto social. Unha achega que permitirá cubrir os gastos derivados da prestación dos servizos sociais municipais e cuxa contía total ascende a 49.138,45 euros.
Este é o primeiro ano no que unha parte do POS+ se empregará para a dotación de recursos materiais, concretamente para a adquisición de catro grúas e dous asentos xiratorios de baño, co obxectivo de dar resposta ás necesidades das persoas usuarias cun maior grao de dependencia. Estes novos recursos permitirán facilitar o traballo que realizan as profesionais do SAD, mellorando tanto a calidade do servizo prestado como as condicións laborais do persoal.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



