Ribadeo, 21 de xaneiro de 2026. Ribadeo está presente desde hoxe en Fitur. O alcalde, Dani Vega, subliñou que este concello é un referente no turismo de calidade.
O rexedor dixo que “Ribadeo chega a Fitur cun traballo feito, cun turismo de calidade, que evidentemente non é unha cousa soamente deste goberno, senón que é de todas as Corporacións. Ribadeo con vida todo ano, é unha mensaxe clara, que Ribadeo non só é eses tres meses de actividade do verán, senón que durante todo ano vamos facendo cousas para ter unha programación atractiva e que acudan moitas persoas a Ribadeo”.
Vega declarou: “tamén facemos actividades para a xente da casa, para a xente de Ribadeo e dentro desa programación atractiva queremos explicarlle ao mundo que Ribadeo é esa pequena vila que ofrece moito, desde o patrimonio cultural, arquitectónico, o casco vello ou todos os elementos arquitectónicos con esa pegada indiana ou evidentemente todo o patrimonio da humanidade que temos en Ribadeo, non nos esquezamos do Camiño Norte o seu paso pola Capela das Virtudes”.
O alcalde ribadense tamén aludiu “a todo o que estamos facendo nas visitas teatralizadas, nas visitas guiadas, que o que quere é informar, facer pedagoxía do gran valor que ten Ribadeo e tamén, evidentemente, a pegada comercial, a pegada mariñeira, ao igual que todos os espazos naturais, os nosos areais, e aí temos unha icona importantísimo, que é a praia das Catedrais. Queremos seguir facendo toda a información, toda unha programación tamén para que Ribadeo, os veciños, pero todos os visitantes, coñezan a praia das Catedrais e con esas xeorrutas preparadas e programadas queremos darlle un valor ás Catedrais máis alá dunha entrada ou dunha visita. Queremos poñer a Ribadeo como un espazo dentro dun monumento natural, unha icona para Ribadeo que debemos saber aproveitar”.
Dani Vega lembrou que “desde 1999 lévase facendo unha programación en Fitur. Agradezo a todas as Corporacións ese traballo que fixeron para poñer en valor un monumento natural e que, grazas a el, tamén moitas persoas visiten Ribadeo”.
E subliñou que “toda a programación que ten Ribadeo de actividades, festivais, todo chega a Fitur para que as persoas dentro dos seus calendarios vacacionais escollan Ribadeo. En Ribadeo durante todo ano hai vida, durante todos os meses hai actividade e queremos agradecer tamén a moitos colectivos que grazas a eles Ribadeo crece, Ribadeo ten actividade e sen eles sería imposible. Grazas aos colectivos, grazas ás asociacións, tamén lle queremos dar as grazas á Xunta de Galicia, porque sería imposible ter toda esta programación, sen esa capacidade orzamentaria que ten a Xunta de colaboración con Ribadeo. E tamén grazas a toda a Concellería de Turismo, tanto a súa titular, Marta Saiz, como a todos os técnicos, por facer un bo traballo para que Ribadeo sexa xa un referente no turismo, no turismo de todo ano e no turismo de calidade”.
Ata Fitur viaxaron o alcalde, Dani Vega, e os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Marta Saiz e Diego Dos Santos. Tamén esta presente na Feira Internacional de Turismo o xerente de Acisa, Jesús Pérez.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



