O desfile do concurso terá lugar o luns 16 de febreiro a partir das 21:00 horas
Ortigueira, 23 de xaneiro de 2026. O Concello de Ortigueira convoca o Concurso de Disfraces de Entroido 2026, que se celebrará o luns 16 de febreiro, co obxectivo de fomentar a participación cidadá, dinamizar a vida cultural do municipio e poñer en valor as tradicións propias do Entroido.
A principal novidade desta edición é o incremento do importe total destinado a premios, que pasa dos 3.400 euros do ano 2025 a un total de 3.700 euros en 2026. Outra das melloras destacadas afecta á categoría destinada a asociacións e centros educativos do municipio. Mentres que en edicións anteriores existía un único premio, nesta convocatoria establécense tres premios diferenciados, o que supón un recoñecemento máis amplo ao traballo colectivo destas entidades.
Así mesmo, introdúcese un cambio relevante no réxime de participación das asociacións e centros educativos. Ata agora, a inscrición nesta categoría impedía concorrer á categoría xeral de grupos. En 2026, estas entidades poderán participar en ambas modalidades, corrixindo unha situación que resultaba limitativa, aínda que os premios non serán acumulativos, de modo que cada grupo ou entidade só poderá resultar beneficiario dun único premio.
O concurso contempla distintas categorías de participación co fin de adaptarse á diversidade de formatos e idades. Poderán inscribirse disfraces individuais, en parella ou trío; grupos de entre catro e dez persoas; grupos de once ou máis integrantes e, de maneira específica, asociacións e centros educativos do municipio de Ortigueira.
En canto aos premios, establécense tres galardóns por cada categoría. Na modalidade individual, parella ou trío outorgaranse premios de 200, 100 e 50 euros. Os grupos de catro a dez integrantes optarán a premios de 500, 250 e 150 euros, mentres que os grupos de once ou máis persoas poderán recibir 800, 400 ou 200 euros. Na categoría de asociacións e centros educativos do municipio, os premios ascenden a 600, 300 e 150 euros respectivamente.
O desfile do concurso terá lugar o luns 16 de febreiro, con saída ás 21:00 horas desde a Biblioteca Municipal Fernández Latorre e final na Praza de Isabel II. A inscrición poderá realizarse desde o día seguinte á publicación oficial das bases e permanecerá aberta ata o propio día do desfile.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



