Ribadeo, 24 de xaneiro de 2026. O acordo acadado pola Xunta e pola Fegamp para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar suporá un aforro moi importante para as contas municipais de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, valórao de xeito moi positivo.
O rexedor manifestou: “valoramos positivamente o acordo qao que chegaron a Xunta e a Fegamp, porque é un beneficio directo para os municipios. O Servizo de Axuda no Fogar asfixia economicamente as contas de calquera Concello. É un servizo fundamental que tiñamos que prestar e temos que seguir prestando desde os Concellos, pero sendo todos coñecedores e conscientes, de que non é unha competencia municipal, pero a obriga é dar o servizo, a obriga é atender a persoa. Nos estabamos nestes momentos cunha achega da Xunta de Galicia e o que aporta a persoa, o usuario, e o que paga o Concello”.
Vega dixo que “iso dentro do orzamento é unha contía moi importante. Son máis de 800.000 euros que nestes momentos, entre esas tres patas, a persoa-usuario, Concello e Xunta son os que financian. Evidentemente había que tomar unha decisión. Eu felicito á conselleira de Política Social, a Fabiola García, porque cando hai un espírito de facer as cousas, cando hai vontade verdadeira de solucionar os problemas, evidentemente hai que felicitar a esa persoa, tamén hai que felicitar ao presidente da Fegamp porque o acordo é un beneficio directo ás contas de calquera Concello, non soamente de Ribadeo, pero a min como responsable deste Concello tócame valorar este gran acordo e evidentemente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, porque estase chegando a acordos con todos os Concellos, en beneficio directo dos servizos que están prestando desde as administracións locais”.
O alcalde explicou que “o Concello de Ribadeo, como o resto, se vai a beneficiar dun gran acordo. Neste período 2026 con esa achega da Xunta de 16 euros, o servizo cústanos 21, vamos ter un aforro nas contas municipais de 144.000 euros. É un paso moi importante. No 2027 a achega da Xunta será 17 euros e o servizo seguiranos custando 21 e o aforro será de 180.000 euros e no 2028 a achega será de 18 euros e teremos un aforro de 216.000 euros. Esa asfixia que estaba tendo o Servizo de Axuda no Fogar, non sendo competencia dos Concellos que estamos prestando e vamos seguir e vamos facelo entre todos, mellorando este servizo, eu creo que é un acordo que libera economicamente aos Concellos”.
Para Vega “cando as cousas se fan ben, cando hai unha vontade desde o inicio de cumprir en beneficio dos veciños e das veciñas, evidentemente hai que felicitarnos todos. En primeiro lugar á Consellería, á Xunta e tamén á Fegamp e aos Concellos de todo Galicia, porque eu creo que se deu un paso fundamental que levabamos esperando moito tempo e agora cumpriuse”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



