A Mariña, 27 de xaneiro, 2026. Fitur 2026 pechou este pasado luns as portas da súa 47 edición, na que participaron 255.000 visitantes nas súas cinco xornadas dos que 155.000 foron de perfil profesional. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense estivo presente un ano máis e valorou moi positivamente o seu paso por esta feira de turismo, que serve de proxección mundial e que funciona como plataforma de negocios no sector.
O pasado xoves a Mancomunidade presentou en Fitur no discurso da presentación A Mariña, unha viaxe á identidade, a figura de Sargadelos coa que se rende unha merecida homenaxe ás Carolas ou Canouras. Esta proposta quere poñer en valor a aquelas mulleres labregas que chegaban acompañadas pola familia e as veciñas ata a costa da Mariña procedentes das zonas do interior da comarca e da provincia de Lugo para tomar os baños de mar no mes de setembro.
O acto e a figura presentada tivo unha gran acollida por parte do público especializado, destacando a singularidade da proposta, a vinculación desta co territorio e espertando a curiosidade de moitos asistentes que descoñecían esta peza da historia do turismo na Mariña.
Representantes da Mancomunidade de Concellos da Mariña aproveitaron o seu paso por Fitur para manter encontros orientados á promoción do xeodestino e ao seguimento de diversos proxectos. Deste xeito mantiveron reunións con turoperadores, prensa especializada e empresas provedoras de servizos co obxectivo de promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o noso xeodestino.
Camiño do Mar
A Mancomunidade tamén se reuniu, coma veu facendo en pasadas edicións de Fitur, con Concellos do xeodestino de Ferrolterra-Rías Altas coa finalidade de facer seguimento dos proxectos que unen a ambos territorios como é o caso do Camiño do Mar. Informando aos representantes dos Concellos alí presentes do estado deste proxecto que se aborda no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña. Ambas entidades quedaron emprazadas a reunirse de novo no territorio “para seguir avanzando neste proxecto, que cada vez vai tendo a súa execución material máis cerca”, explicaron desde a Mancomunidade.
Asociación Ecoturismo de España
Na axenda de traballo da Mancomunidade en Fitur tamén estivo a reunión coa xerente da Asociación de Ecoturismo en España (AEE) logo de facerse efectiva no pasado mes de decembro a incorporación do xeodestino da Mariña Lucense á mesma e coa finalidade de definir os seguintes pasos a dar conxuntamente.
AEE é unha asociación sen ánimo de lucro creada no 2010 para fomentar o turismo sostible e cuxa misión é ser o referente do ecoturismo en España, sendo o ente xestor do clube de produto Ecoturismo en España co apoio da Secretaría de Estado de Turismo. É unha iniciativa pioneira que ofrece experiencias de ecoturismo en espacios naturais protexidos. Actualmente agrupa a 53 destinos de 14 Comunidades Autónomas e máis de 800 empresas, que baixo a marca Soy Ecoturista asumen o seu compromiso co desenvolvemento sostible.
A Mariña Lucense incorpórase á AEE logo de participar no proxecto Reserva Ecoturista de la España Verde, vinculado á Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, a través do que se acreditaron cinco empresas cos requisitos de Soy Ecoturista. Faino preveendo poder incorporar máis empresas do territorio gracias ao Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
Coa incorporación da Mariña Lucense á Asociación de Ecoturismo en España fíxose tamén efectiva a da comarca Oscos-Eo (Asturias) e a Ribeira Sacra.
MISEA: mesa redonda
Desde a Mancomunidade lembran que o pasado ano A Mariña foi seleccionada para participar no Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo e implantado a través de SEGITTUR e que ten como obxecto motivar a participación do sector primario no sistema turístico local, aportando asesoramento e formación para a creación de experiencias innovadoras e sostibles.
No contexto de Fitur 2026, a Mancomunidade foi convidada por SEGITTUR a integrar xunto con outros tres relatores á mesa redonda Turismo e sector primario: novas sinerxias para o desenvolvemento local, encontro no que A Mariña puxo de manifesto o interese do destino en participar deste proceso que encaixa perfectamente na xestión turística actual e que se ve favorecido pola existencia dun traballo previo como é a redacción do Plan Director de Turismo Gastronómico e a existencia do Colectivo de Gastornomía da Mariña, unha asociación que aglutina a representantes de toda a cadea de valor da gastronomía -e por tanto a varios produtores locais-, afín aos principios da sositbilidade, e integrado activamente no sistema turístico do destino.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña a súa presidenta, Rocío López, fai unha valoración moi positiva do paso por Fitur: “poidemos seguir afondando nalgúns proxectos nos que estamos a traballar, rendemos homenaxe ás Canouras ou Carolas, xa que forman parte da identidade turística da Mariña hai moitos anos e o que tamén consideramos importante, que este xeodestino se está a posicionar moi ben no panorama turístico deste país, como destino sostible, integrado, slow e moi conectado co territorio e coa súa xente”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



