Lugo, 28 de xaneiro de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu este mércores un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en memoria das cinco mulleres asasinadas nas últimas semanas por violencia de xénero e como mostra de condena rotunda fronte a esta forma extrema de violencia contra as mulleres.
Durante o acto, a subdelegada quixo poñer nome e rostro ás vítimas, lembrando a Czarina, de 43 anos, en Las Palmas de Gran Canaria; María del Pilar, de 38 anos, en Jaén; María Isabel, de 58 anos, en Cádiz; María del Carmen, de 78 anos, en Badaxoz; e Victoria, de 33 anos, en Málaga, “cinco mulleres cuxas vidas foron truncadas pola violencia machista e que non poden quedar reducidas a cifras nin a estatísticas”.
Olimpia López expresou a súa máis firme condena ante estes crimes machistas e trasladou a súa solidariedade e afecto ás familias, amizades e persoas achegadas das vítimas. A subdelegada advertiu de que a violencia machista “non é un feito illado nin accidental, senón unha violencia estrutural que atenta directamente contra os dereitos fundamentais das mulleres e contra os valores democráticos da nosa sociedade”.
A subdelegada subliñou que “non hai lugar para a indiferenza nin para o negacionismo fronte á violencia machista”, e insistiu na necesidade de manter unha resposta institucional e social unida, firme e sen fisuras fronte a calquera forma de violencia contra as mulleres. “Cada asasinato é un fracaso colectivo e interpélanos como sociedade”, sinalou.
Olimpia López lembrou tamén a importancia dos recursos públicos de prevención, protección e atención ás vítimas, e fixo un chamamento á cidadanía para que non mire cara outro lado ante situacións de risco ou violencia. “A loita contra a violencia machista é unha obriga de todas e de todos, e só desde a unidade, a firmeza e o compromiso social poderemos avanzar cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencia”, concluíu.


















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



