Lara Méndez denunciou que desde hai tres anos o centro de saúde só conta cun facultativo dos dous que figuran no cadro de persoal, e que en períodos de vacacións ou cando se producen baixas ninguén atende aos pacientes
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026. A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento galego, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta que cubra as todas as prazas de persoal do centro de saúde de Trabada, unhas instalacións que desde hai tres anos funcionan cun só médico dos dous que había ata 2023. Este “tivo que asumir a totalidade da carga de traballo, co estrés laboral que implica”, tras a xubilación do seu compañeiro, “que non foi substituído en ningún momento” pese a que se trataba Dunha situación “previsible”.
A deputada do PSdeG denunciou no pleno da Cámara autonómica que o Goberno de Rueda está obrigando á veciñanza a “unha nova viaxe da dor”, como as que se producen en diferentes puntos da xeografía galega ante a falta de sanitarios nos ambulatorios. Neste caso, en momentos de vacacións ou cando se producen baixas, hai pacientes que, cando chegan ao centro de saúde, son derivados a Ribadeo, un desprazamento no que invisten media hora. Mais, tal como explicou, hai ocasións nas que tampouco poden ser atendidos alí e deben sumar outra media hora de viaxe ata o hospital de Burela.
Tal como advertiu Méndez, o problema é aínda máis grave se se ten en conta que en Trabada hai unha residencia de maiores con 39 usuarios e usuarias, que deben ser atendidos no propio centro de saúde da localidade. A iso engádese que unha elevada porcentaxe dos e das residentes no municipio superan os 65 anos, de modo que se trata dunha poboación “altamente demandante de atención médica e de coidados de enfermaría, con casos de atención domiciliaria”.
A parlamentaria socialista lembrou que a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña xa ten trasladado en numerosas ocasións esa situación e mesmo se ten manifestado para reclamar uns servizos sanitarios dignos en Trabada, coa concreta reclamación de dúas prazas de medicina de familia “cubertas todos os días e durante a quenda completa”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



