Rodil achaca a falta de facultativos ao recorte de prazas e ás “condicións laborais leoninas” que impón o Sergas e que provocan a fuxida da Primaria
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro, 2026. A deputada do BNG Olalla Rodil denunciou no Parlamento a falta de persoal médico que a veciñanza de Vilalba leva anos sufrindo, con esperas neste momento de ata vinte días para poder ser atendida no seu centro de saúde. Unha situación que “non é nin aceptable nin admisible nin sostíbel”, denunciou, e que o Sergas “vai parcheando un día si e outro non” sen aportar solucións, “intentando tapar unha perna con outra entre quilos, iso si, de propaganda”.
“Moita xente non espera porque non pode esperar, e acaba acudindo ao PAC para consultas que deberían ser atendidas nunha consulta ordinaria ou que van directamente ás urxencias do HULA”, denunciou Rodil, que censurou o “desprezo” dos responsables da Consellería de Sanidade a unha veciñanza que “parece que non ten outra cousa mellor que facer que reclamar unha atención de calidade nos servizos públicos”.
Segundo explicou a deputada por Lugo, coincidindo coas mobilizacións veciñais, a Xunta anunciou que se incorporaban tres médicos coa resolución do concurso-oposición de 2022, pero na práctica isto só supuxo unha persoa nova no centro de saúde, posto que unha non se incorporou e outra xa estaba cubrindo unha vacante.
Explicou, ademais, que as seis prazas de médico que non están cubertas no centro de saúde van “parcheándoas”. “Hai un médico que vai tres días a Vilalba e dous a Abadín e logo teñen unha médica que só ve urxencias dos cupos que non teñen médico”, asegurou.
Peor aínda, criticou, é a situación da atención pediátrica nun centro de saúde que, recordou, atende arredor de 14.000 persoas neste concello cabeceira de comarca da Terra Chá. As dúas pediatras do centro están de baixa e “algún día van cubrindo o servizo con alguén do hospital ou doutros centros de saúde”, pero cando isto non sucede os nenos e as nenas teñen que acudir ao PAC ou ir directamente ao HULA.
“O que lle pedimos é que fagan algo máis do que están facendo”, díxolle ao director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo José Silva Tojo, a quen afeou que a súa xestión se reduciuse até o de agora a “parches” e “propaganda”.
Diante dos argumentos do responsable da Consellería encargado de responder ao BNG, Rodil achacou a falta de médicos en Galiza ao recorte de prazas durante anos e ás “condicións laborais leoninas que fan que o persoal fuxa da Atención Primaria”.
“Igual o problema é algo máis que cubrir prazas MIR ou seguir incrementando o número de prazas MIR, igual hai que garantir a esa xente que teña unhas condicións laborais de calidade”, afirmou durante o debate da pregunta parlamentaria.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



