Viveiro, 29 de xaneiro, 2026. Ás cinco e media da tarde deu comezo un dos 15 peches reivindicativos que CIG-Ensino e STEG —organizacións que representan unha ampla maioría do profesorado— están a promover durante estas dúas semanas para descentralizar o conflito laboral coa Consellaría e levalo aos propios centros educativos. A acción busca presionar o conselleiro Román Rodríguez, que, tras cinco xornadas de folga, continúa sen sentar a negociar melloras nas condicións laborais do profesorado nin no ensino público en xeral. A intención é pasar a noite no centro e realizar mañá un acto informativo coincidindo coa entrada e o inicio das clases.
No CEIP Plurilingüe de Covas, convertido hoxe nun espazo de mobilización, desenvólvense a esta hora unha asemblea aberta, debates sobre a folla de ruta, elaboración de material reivindicativo e encontros con representación de familias e alumnado. Tras os seis peches realizados no primeiro trimestre —con alta participación e impacto mediático—, as organizacións convocantes amplían agora a iniciativa e espállana por todo o territorio galego, nunha estratexia que busca descentralizar o conflito e implicar directamente os centros de ensino. Deste modo, os colexios e institutos convértense en puntos de encontro da comunidade educativa e en espazos para compartir as necesidades comúns de profesorado e alumnado.
O obxectivo é denunciar a falta de resposta da Consellaría, que continúa ignorando a voz maioritaria do profesorado galego representado por CIG-Ensino e STEG. A mobilización tamén pretende visibilizar os problemas que afectan ás familias e ao alumnado: a ausencia de profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe ou persoal orientador suficiente evidencia unha carencia estrutural que obriga os centros a decidir que alumnado se atende e cal non. A negativa a autorizar desdobres, o incumprimento das medidas recollidas no acordo de melloras, o aumento das ratios por riba do permitido ou a agrupación de varios niveis tamén vulneran o acordo de agrupamentos e prexudican especialmente o alumnado máis vulnerábel, a igualdade de oportunidades e a construción dunha sociedade máis xusta.
A redución de ratios, a eliminación da burocracia e a defensa dunha oferta pública suficiente en todas as etapas educativas son algúns dos puntos que se están a traballar con familias e alumnado durante estes peches.
Concentración á entrada do centro
Mañá, coincidindo co inicio da actividade lectiva, terá lugar unha concentración á que se sumará a iniciativa dos Venres Negros. A comunidade educativa quere facer visible así estas carencias e esixir á administración que atenda o clamor de profesorado, familias e alumnado.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



