Daniel García presentou este novo recurso, que celebra a traxectoria do programa: máis de 18.000 nenas e nenos participaron nas actividades educativas nas granxas
Lugo, 31 de xaneiro de 2026. O programa de educación rural da Vicepresidencia a Deputación de Lugo Da Escola á Granxa medra cun novo material lúdico e didáctico, o Xogo da Pita Choca.
O deputado de Rural Daniel García presentou esta mañá no Pazo de San Marcos este novo recurso, nun acto que contou coa presenza de asociacións de nais e pais que participaron no programa, coa concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza de Lugo Cristina López, con Leticia Guitierrez, tesoureira da Federación Provincial de Anpas de Lugo, que ven colaborando desde o inicio na organización do programa.
O Xogo da Pita Choca, deseñado por Inés López Penelas, de Inpe, e Cristina Rodríguez, de ZZ Design, conta cun taboleiro en espiral, de 63 casiñas numeradas, ilustradas con animais e alimentos que se producen nas granxas que participan no programa Da Escola á Granxa, que representan o potencial produtivo da provincia de Lugo.
O deputado explicou que “se trata dun material creado para celebrar a traxectoria do programa, que este ano alcanzará a quinta edición e que nos últimos catro achegou máis de 18.000 nenas e nenos de toda a provincia a granxas e proxectos de emprendemento no rural coa colaboración das anpas”.
“De cara ao quinto aniversario, pensamos nun xogo. Optamos por un xogo de mesa, que se pode palpar, tocar, na filosofía do programa Da Escola á Granxa, que busca achegar ás nenas e nenos á actividade agrogandeira a través de referentes reais e próximos, como as gandeiras e gandeiros, produtores, que participan nel”.
O responsable provincial explicou que “o xogo toma o nome dun dos poemas de O soño na gaiola, de Manuel María, “A pita choca”, que fala do coidado, que identifica ás anpas e ás familias, para as que está pensado”.
Leticia Gutiérrez encadrou a colaboración da FAPACEL co programa no obxectivo compartido de “recuperar o valor e a visibilidade do rural e dunha forma de vida que é digna, moderna, que ten futuro e que é respetuosa do medio ambiente” defendendo os dereitos das alumnas e dos alumnos”.
A concelleira Cristina López valorou especialmente “a posibilidade que o programa Da Escola á Granxa ofrece ás nenas e nenos da cidade, en xeral con menos vínculos coa actividade agrogandeira, de achegarse á orixe dos alimentos e a unhas actividades plenamente vinculadas ás nosas raíces e á nosa identidade como sociedade”
Todas as anpas que participaron na última edición do programa Da Escola á Granxa recibirán un exemplar do xogo, que estrearon esta mañá algúns das nenas e nenos que se achegaron ao acto.
O Xogo da Pita Choca amplía os recursos didácticos do programa Da Escola á Granxa, que conta con outros materiais complementarios ás propias actividades educativas nas granxas como os libros “Os Bolechas van da Escola á Granxa”, que comezou a editarse na primeira edición do programa, en 2022, e que se renova cada anualidade, incorporando as granxas que participan na iniciativa, reforzando e diversificando a oferta formativa.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



