Burela, 31 de xaneiro, 2026. Partido importantísimo para o conxunto masculino do Reyco Burela FS, que se enfrontou a un dos colistas da clasificación, o Vulcanizados Ruiz Tafa FS, ás 18.45h desta tarde en Burela. Era unha gran oportunidade de puntuar ante un rival directo, nun Vista Alegre que volveu sumar co apoio aos de Juanma Marrube. O encontro estivo dominado polos locais, que gozaron de numerosas ocasións, sobre todo na primeira parte, podendo deixar un marcador moito máis amplo.
Zardoya salvou o primeiro dos locais no minuto 3 cunha man providencial ante un disparo de Raid ao segundo pau. Segundos despois, Pitero rozou o pau na ocasión máis clara ata o momento, e no 5 Alán tivo outra moi boa chegada, aínda que a defensa tafallesa conseguiu despexar. No 6, Zardoya volveu aparecer co pé para deter un disparo raso de Charly nun lanzamento de falta directa. A primeira ocasión clara do Tafa chegou no 8, cando Jorge Danzarín non conseguiu rematar no segundo pau unha xogada ensaiada nun saque de falta perigoso. No 9, Bingyoba probou cun disparo moi escorado que tamén se marchou rozando o pau.
O Burela dominou con claridade esta primeira metade, imprimindo máis ritmo e xerando máis perigo. No 16 chegou o merecido 1-0: Izan rematou no segundo pau un saque de esquina executado por Alberto.
Xa na segunda parte, Pitero dispuxo de dúas ocasións consecutivas no minuto 1, pero non conseguiu acertar entre os paus. No 3, Crespo detivo un disparo de Charly tras pase do propio Pitero. No 5, Raid obrigou Zardoya a intervir de novo cun tiro raso que levaba camiño de gol, e no 7 Torero salvou co pé un disparo de Antón Fraile. Alán tivo a máis clara nunha contra, quedando nun man a man co porteiro navarro, que desviou co peito.
Alberto e Bingyoba volveron tentalo no 9, e no 10 Torero apareceu outra vez para evitar o segundo. No 32, Pitero mandou por riba do traveseiro o que parecía o 2-0, e no 35 o capitán quedou a centímetros do gol tras un córner que desviou o porteiro.
No 36 chegou o temido empate: Íñigo Amezqueta puxo o 1-1 cun disparo potentísimo que Torero case detén. Pero dous minutos despois, Charly culminou un pase de Bingyoba nun saque de falta perigoso e anotou un celebradísimo 2-1 que devolveu o sabor da vitoria a Vista Alegre.
O equipo do exburelista Luisma saíu con Preciado como porteiro-xogador a falta de dous minutos, e produciuse o debut de Lautaro baixo paus para defender os últimos instantes. Final de infarto na bomboneira, cun Tafa moi ofensivo buscando o empate ata a bucina final.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 2–1 Vulcanizados Ruiz Tafa FS
Reyco Burela FS (2): Torero; Pitero (C), Charly, Raid Izan, -quinteto inicial-, Mauro, Alberto, Alán, Nico, Bingyoba, Lautaro (P).
Tafa FS (1): Juan Zardoya; Mario Sánchez, Íñigo Amezqueta, Unai Martínez, Jesús Preciado -quinteto inicial-, Xavier Erviti, Unai Crespo, Jorge Bailón, Antón Fraile, Natxo Pérez, Pablo Echapare, Juan Puértolas.
Goles: 1-0, min. 16: Izan. 1-1, min. 36: Íñigo Amezqueta. 2-1, min. 38: Charly.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


