A institución provincial mantén despregado un amplo dispositivo contra as nevaradas formado por 48 operarios e 26 máquinas e vehículos, que na mañá de hoxe facilitaron o transporte escolar e abriron paso ao persoal dos servizos sociais
Lugo, 3 de febreiro de 2026. A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de 90 afectadas pola neve na Montaña. A forte choiva caída entre a noite e a mañá de hoxe obrigou á institución provincial a pechar por asolagamentos a LU-P-3204 en Monforte; a LU-P-4703 na Pobra do Brollón; e a LU-P-0901 en Bóveda.
Continúan tamén afectadas dúas pontes en Navia de Suarna e Muras, polo que o tráfico non pode pasar polo tramo vello da LU-P- 3501 nin á altura do quilómetro 22 da LU-P-6502. A maiores, en Pedrafita do Cebreiro a circulación na LU-P-1301, que é a que conecta este concello con Seoane de Courel, está interrompida á altura de Pacios pola caída dunha árbore, aínda que está previsto que a vía quede aberta á tarde.
Segundo informan os técnicos, a circulación estase vendo afectada en toda a rede provincial e, por zonas, a cota de neve baixou aos 500 metros. Nese sentido, a peor parte das nevaradas está a afectar á comarca da Montaña, onde nalgúns municipios como Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos ou Triacastela hai acumulada entre 10 e 20 centímetros de neve. En Cervantes, os operarios rexistraron un espesor de neve de 25 centímetros nalgún punto.
O operativo invernal que mantén mobilizado a institución provincial conta hoxe con 48 operarios e 26 máquinas e vehículos: 10 quitaneves, 8 pick ups con cuña e saleiro e 8 vehículos todoterrenos para resolver as diferentes incidencias. Un equipo que na mañá de hoxe foi fundamental para garantir o transporte escolar e abrir paso ao persoal dos servizos sociais, que en moitos casos levaban comida a domicilio para persoas maiores que viven na Montaña.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



