Aclara que non existiu ningunha renuncia a horas do SAF efectivamente prestadas, nin directriz política algunha para recortar dereitos
Cervo, febreiro de 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pediu ao PSOE “que non utilice aos maiores como arma política” e reivindicou a boa xestión que se está a facer o Concello do servizo municipal de axuda no fogar (SAF).
A rexedora considera inaceptable que os socialistas poñan en dúbida a profesionalidade do persoal deste servizo municipal e pediu respecto para o conxunto das traballadoras deste servizo que presta apoio e coidados a preto de medio centenar de veciños do municipio.
A alcaldesa explicou que, tras coñecer a queixa formulada pola familiar dunha dunha usuaria, actuouse con total responsabilidade e transparencia, ordenado unha revisión do expediente para esclarecer os feitos.“A familia ten dereito a ser escoitada e o Concello ten a obriga de contrastar”.
Non hai renuncia ás horas SAF, nin recorte de dereitos
Tras revisar o expediente e a documentación constatouse que en ningún momento existiu unha renuncia de horas SAF, nin minoración dos seus dereitos, xa que logo a usuaria está a recibir de modo efectivo as horas de atención dentro do baremo recoñecido pola Xunta. Sen entrar en máis detalles, por garantir a confidencialidade, si aclara que se incrementou a intensidade da prestación en mái dun 50% nos últimos meses, por decisión técnica, con máis horas nocturnas, de fin de semana e festivos.
“Comprendemos a preocupación da familia e respectamos que presentasen un escrito manifestando a súa desconformidade. O que lamentamos é que o PSOE aproveite esta situación para lanzar acusacións públicas sen contrastar, xerando unha alarma que non se corresponde coa realidade, e desprestixiando un servizo esencial para as persoas máis vulnerables”- explica.
A alcaldesa tamén aclara que non existe ningunha directriz da Alcaldía “para recortar horas nin para promover renuncias”, porque ademais o Concello non ten potestade para quitar horas asignadas pola Xunta.O único obxectivo era certificar e documentar cos usuarios as horas efectivamente prestadas, cumprindo o procedemento, como se fai en todos os municipios.
O PSOE é o menos indicado para dar leccións
García Caramés si reprocha ao PSOE o intento de facer un uso partidista desta incidencia e sinalou a pouca coherencia de que sexan precisamente os socialistas os que se atrevan a cuestionar o funcionamento do servizo de axuda no fogar cando o Goberno de Pedro Sánchez, que está obrigado a asumir por lei o 50% do custe da atención á dependencia non o fai, recaendo todo o esforzo en exclusiva nos Concellos, usuarios e na Xunta.
A alcaldesa tamén recorda que Cervo é un dos poucos concellos da Mariña, e do conxunto da provincia, que presta o servizo de axuda no fogar con persoal municipal, mentres outros municipios, incluso os gobernados polo PSOE téñeno privatizado. Avanza tamén que o recente acordo entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP “suporá un importante aforro para a facenda local, que permitirá seguir ampliando o servizo”.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



