A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación deste servizo que inclúe o control e prevención da lexionela nos Centros de Atención a Maiores de Trabada, Meira, Pol, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita, Navia, Ribas de Sil e Ribadeo
Lugo, 6 de febreiro de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do contrato para o mantemento integral das instalacións térmicas e de control e prevención da lexionela nas nove residencias da institución provincial por algo máis de 137.000€. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á reunión semanal, onde sinalou que esta contratación dará servizo aos Centros de Atención a Maiores de Trabada, Meira, Pol, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna e Ribadeo.
“Hai quen aínda cre que as residencias da Deputación son só edificios que se constrúen e se poñen en marcha”, sinalou García Porto. “Nós sabemos que os nosos centros de maiores levan un traballo constante e recursos que as veces non se ven, pero que son absolutamente imprescindibles para garantir o seu funcionamento e o benestar das persoas que viven aí”, engadiu. O importe base de licitación do contrato aprobado este venres ascende aos 137.101,47€ e terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prorrogalo tres veces ata un máximo de catro anos.
Explicou García Porto que “estamos a falar de cuestións tan importantes como a calefacción, a auga quente e a seguridade sanitaria das persoas que viven e traballan alí. Un contrato que asegura o confort térmico e que haxa menos avarías e cortes, maior vida útil das instalacións e ademais aforro enerxético”. No que ten que ver coa lexionela, que pode aparecer nos sistemas de auga quente, “este contrato garante controis periódicos e tratamentos preventivos para evitar esta enfermidade”.
Emprego
Aprobadas tamén as convocatorias e bases específicas para a elaboración de catro listaxes de emprego, para prestar servizos temporais na Deputación nos postos de arqueólogo, técnico de comunicación audiovisual, capataz e delineante.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



