O equipo de Goberno, verificadas as conclusións, non seguirá alimentando esta polémica tras constatar que a portavoz do PSOE se limita a reproducir consignas partidistas e difundir falsidades en redes sociais, sen importar o dano que este tipo de discursos provoca na tranquilidade das persoas maiores, das súas familias e no traballo rigoroso dos profesionais de Servizos Sociais
Cervo 7 de febreiro de 2026. O Concello de Cervo concluiu a investigación iniciada tras recibir as queixas dunha única familia usuaria do servizo de axuda no fogar e contrastar os feitos co persoal municipal e cos protocolos vixentes, para concluír que queda acreditado o bo funcionalmento deste servizo de apoio ás persoas maiores e dependentes, un dos poucos da Mariña que se prestan con persoal municipal.
“O Goberno municipal actuou con dilixencia, sen perder tempo, e resolveu esta situación en base aos informes técnicos e ás probas que correspondan tanto dunha parte como da outra, comunicando as conclusións á usuaria e ao seu familiar unha vez acrediten que son as súas representantes, como esixe a lei ”, explican desde o Equipo de Goberno.
Namentres, lamenta que o PSOE insista na súa estratexia de cuestionamiento e desprestixio das traballadoras do servizo, que se atopan moi afectadas por estes ataques, chegando incluso a provocar baixas, e insisten en que aclarados os feitos non alimetarán este intento de xerar polémicas estériles e alarma social.
PLENO MUNICIPAL
Desde o equipo de Goberno explican o sucedido no ultimo pleno municipal, o pasado xoves, onde a portavoz do PSOE de Cervo volveu utilizar ás persoas maiores como arma política, xerando unha polémica innecesaria arredor do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
“Resulta especialmente preocupante que, tras ter que ser a propia Alcaldesa a que lle explicase no pleno o funcionamento básico do SAF, quedase constatado un evidente descoñecemento do servizo sobre o que se realizaron acusacións tan graves”, indican.
Lonxe de centrarse en garantir a protección das persoas maiores ou en achegar propostas construtivas, a súa intervención limitouse a cuestionar quen redactara un documento tipo, un modelo administrativo de uso xeral nos departamentos de Servizos Sociais dos concellos (incluso nos que goberna o PSOE), desviando o debate do realmente importante, que ese papel nunca fai renunciar ás horas da usuaria nin en Cervo nin en ningún outro concello.
“No pleno, lonxe de rectificar, volveu insistir en mensaxes falsas, xerando unha alarma social absolutamente inexistente e utilizando políticamente ás persoas maiores, algo especialmente grave e irresponsable cando se trata dun servizo esencial.”, explican.
Todo isto fíxose sen contrastar a información, sen achegarse á Casa do Concello e sen solicitar explicación ningunha polas vías institucionais correspondentes. Para ela foi mellor xerar alarma sen saber, sen contrastar, e través das redes sociais e a prensa sin verificar os feitos. Non constatou que ese modelo tipo se utiliza en outros concellos de distinto color político, e non se renuncia ás horas por firmalo, se non que queda constancia do uso delas. Non pediu informes e non quixo coñecer a realidade do funcionamento do servizo.
“A portavoz do PSOE limítase lamentablemente a reproducir consignas partidistas e a seguir directrices alleas á realidade do noso concello, sen importar o dano que este tipo de discursos provoca na tranquilidade das persoas maiores, das súas familias e no traballo rigoroso dos profesionais de Servizos Sociais.”
Desde o Goberno municipal reiteran con firmeza que o Servizo de Axuda no Fogar en Cervo funciona con criterios técnicos, con transparencia e plenamente axustado á legalidade, e que non existiu nin existe ningunha directriz política para recortar dereitos nin promover renuncias de ningún tipo.
Así mesmo, queren deixar claro que desde o primeiro momento o equipo de goberno está actuando con máxima responsabilidade, coidado e respecto tanto cara á persoa maior usuaria do servizo como cara á súa familia, así como coa presunción de inocencia da traballadora social á que se dirixen as acusacións.
“Falamos dun servizo e dun ámbito moi sensibles, que non deben ser politizados nin utilizados para manchar a imaxe dun servizo público esencial sen coñecer con certeza o que realmente ocorreu.”
O Equipo de Goberno conclúe insistindo en que non vai permitir que se xogue politicamente coa dignidade das persoas maiores nin que se xere alarma social cun asunto tan sensible. O noso compromiso é claro e inequívoco: defender un SAF público, digno, seguro e pensado para protexer ás persoas máis vulnerables, así como o traballo profesional e rigoroso dos servizos sociais municipais.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



