Nunha explotación de vacún en Sarria, advirte que o acordo Mercosur ameaza a supervivencia dos produtores de carne por competencia desleal
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2026. A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a súa visita a unha explotación de vacún en Sarria para anunciar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo BNG, para reclamar acceso ós acordos asinados entre a Xunta e Altri, en particular o Memorando de entendemento subscrito en outubro de 2021 entre a empresa e a Sociedade Impulsa.
“O goberno de Rueda leva dous anos ocultando os seus acordos segredos con ALTRI, por iso tivemos que acudir á xustiza, para poñer luz onde o PP quere que haxa opacidade e esperamos poder ter acceso a ese acordo que foi asinado polo goberno de Rueda”, denuncia a líder nacionalista, “o empeño do Partido Popular en agochar o pacto con ALTRI é unha proba de que ese pacto favorece á macrocelulosa pero prexudica a Galiza, sobre todo a xente do rural e do mar”.
En concreto, o Memorando de entendenmento foi subscrito polo daquela presidente de Sociedade Impulsa e vicepresidente segundo de Rueda, Francisco Conde, ao que despois sucedeu a conselleira de Economía, María Jesús Lourenzana, até que a entidade creada en 2021cun 48% de participación pública foi liquidada polo Executivo popular en 2025, no que o BNG interpreta como un intento de borrado de probas. O Bloque denuncia os cambios legais que o PP fixo á medida da empresa lusa tras o pacto de 2021, incluída unha indemnización patrimonial se o proxecto fracasa.
O Bloque optou por recorrer á Xustiza ante o veto do Partido Popular ás reiteradas peticións de documentación presentadas desde 2024 no Parlamento, incluso ao amparo do artigo 9 do regulamento, que o goberno do PP incumpre de xeito sistemático para impedir o control da acción do Executivo por parte do BNG, máxime nun tema de tanta transcendencia social como é o proxecto da macrocelulosa.
Estamos ante unha “auténtica bomba ambiental” que o Partido Popular quere colocar no corazón de Galiza, pese ao custo ambiental, social e económico que implicaría para o sector agrogandeiro, explicou desde Sarria, onde destacou o papel que a produción de carne ten na economía rural, cun total de 28.000 explotacións de bovino. “Crean riqueza, postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan loitar contra os incendios”, subliñou.
Pontón destacou que a macrocelulosa de Altri non é a única ameza para a supervivencia dun sector esencial para manter un rural vivo que conta co apoio entusiasta do PP, denunciou, en referencia ao acordo UE-Mercosur.
“Ese acordo coloca ós nosos produtores e produtoras de carne nunha situación de competencia desleal, porque están sometidos a estándares ambientais, sanitarios e de benestar animal máis estritos que nos países do Mercosur, e iso supón vantaxes para eses competidores que con custes inferiores poden abaratar prezos”, argumentu, “e nunha Galiza na que predominan explotacións de tamaño medio, unha caída do prezo pode supoñer a diferencia entre viabilidade ou peche”.
As 28.000 explotacións de carne de bovino como a visitada en Sarria tradúcense en 95.600 toneladas de vacún cada ano, das que 23.000 están amparadas pola indicación xeográfica tenreira galega. “Crean riqueza, postos de traballo, fixan poboación e manteñen o territorio coidado e, por tanto, axudan loitar contra os incendios”, destacou Pontón.
“A posición do BNG é clara: Non apoiamos o acordo de Mercosur, porque deixa ao noso sector agrogandeiro nunha situación de indefensión, e isto pasa cun goberno de Rueda cruzado de brazos que abandonou os nosos gandeiros e gandeiras, ao contrario, o PP votou a favor dese acordo no Parlamento Europeo, igual que o PSOE”.
A formación nacionalista comparte as críticas e a preocupación do sector e por iso no Parlamento galego, Congreso e na Eurocámara “dixemos non ao acordo para dicir si ós nosos gandeiros e gandeiras”, recalcou Pontón, e por iso “demandamos ao goberno da Xunta e ao goberno do Estado que rectifiquen e se poñan do lado dun sector estratéxico para Galiza”, concluíu.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



