Ribadeo, 10 de febreiro de 2026. Ribadeo colaborará coa asociación Fraternidade, que atende a moitas persoas deste concello.
O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, visitaron á asociación Fraternidade en Tapia de Casariego (Asturias): “visitamos a asociación Fraternidade, valoramos todo o traballo que están a facer. Desde o Concello de Ribadeo quixemos escoitar, quixemos visitar e así visualizar todo ese traballo e recoller as propostas para concretar cales van ser as liñas de colaboración”.
O rexedor lembrou que “a asociación atende a moitas persoas, moitas delas de Ribadeo, e polo tanto non podemos deixar de lado a unha asociación que pon no centro o valor da persoa, que pon no centro o valor que representa todo un colectivo, que representa unha asociación que está focalizada e está centrada en traballar en colectivo, pero en traballar na persoa”.
E subliñou: “parécenos moi importante ter liñas de colaboración con esta asociación. Non soamente o Concello coa asociación, senón tamén abrir vías de comunicación entre a Xunta de Galicia e o Principado”.
Para Dani Vega “foi unha visita moi proveitosa. Agradecemos todo o traballo que realizan. Vamos estar presentes nas actividades que están a ter dente asociación Fraternidade e vamos ter un traballo conxunto a partires da hora e seguir apostando por poñer no centro o valor da persoa”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



