A portavoz nacional do BNG advirte de que, a pesar do rexeitamento ao proxecto industrial: “Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública”
Santiago de Compostela, 21 febreiro 2026. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou o día de onte como “un gran éxito do pobo galego” o rexeitamento ao proxecto industrial en Palas de Rei, poñendo o foco na mobilización social como a chave que fixo posible frear a “bomba ambiental”, como era Altri.
Pontón celebrou que “o carpetazo a Altri foi un éxito rotundo do pobo galego”, ao tempo que cargou duramente contra a xestión do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a quen acusou de actuar como “delegado comercial de Altri en Galiza”. Segundo a líder nacionalista, este episodio supón “un fracaso absoluto de Rueda, dun goberno do PP que traballa para as multinacionais e para as empresas amigas”.
Para Pontón, o desenlace do proxecto representa unha vitoria colectiva: “Rueda perde, pero gaña Galiza, gaña a xente do rural e a xente do mar e gaña o conxunto do País. Gaña a dignidade do pobo galego fronte á indignidade dun goberno desleal que intentou traizoalo”.
Exixencia de transparencia
Máis aló da celebración, a portavoz nacional do BNG deixou claro que a súa formación non dará por pechado o asunto sen esclarecer todos os detalles da negociación da Xunta coa multinacional lusa. “Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública”, advertiu.
Pontón fixo fincapé no dereito da cidadanía a coñecer “que esconde ese acordo, en que condicións se asinou e que consecuencias ten”. A este respecto, lembrou que o PP leva “dous anos agochando esa información e esa documentación”, o que obrigou ao BNG a acudir á vía xudicial. “O Tribunal Superior de Xustiza xa admitiu a trámite a demanda do BNG”, confirmou.
“Queremos e exiximos transparencia e reto a Rueda a que, se non ten nada que esconder, rectifique e aporte esa documentación. É o mínimo que lle debe á cidadanía galega despois destes anos de mentiras e de enganos sobre Altri”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



