As actuacións comprenderán as parroquias de San Miguel, Benquerencia, San Cosme, Celeiro, San Xusto, Cabarcos e Vilamartín Pequeño
Barreiros, 25 de febreiro de 2026. O Concello de Barreiros inclúe no Plan Deputación 2026 a mellora de 4 quilómetros de vías municipais, que se suman ás actuacións que se executan cada ano dentro da planificación viaria do municipio.
Nesta ocasión, os traballos realizaranse nas seguintes localizacións: Campos e Pumarín, en San Miguel; As Grandas, en Benquerencia; Rexa, A Veiga e Xuntoaigrexa, en Celeiro; A Rilleira; o tramo de Novás ao cemiterio, en San Xusto; A Aldea, en Vilamartín Pequeno; e o cambio de varandas sobre a vía do tren en Vilar, en San Cosme.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata dunha intervención integral que combinará aglomerado, rego ou formigón, segundo as necesidades técnicas de cada vía.
O concelleiro de Obras, Antonio Veiga, destacou a importancia de actuar “unha vez que comezan a remitir os temporais, sendo este inverno un dos máis duros dos últimos anos debido ás importantes e continuas choivas”. Engadiu que o Concello mantén unha planificación estable, priorizando accesos a núcleos e explotacións, e tendo en conta outras vías de financiamento que permitirán ampliar as zonas de actuación.
Con estes novos investimentos, o goberno municipal supera xa os 100 quilómetros de pistas municipais melloradas desde o ano 2019.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



