Daniel Castro retrata a “absoluta vergoña” dun proxecto que comezou en 2001 prometido como autovía e remata en 2026 cunha vía convencional e un cuarto do orzamento
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, denunciou no Parlamento o que cualificou como “a absoluta vergoña” da xestión da variante de Viveiro por parte da Xunta, nunha intervención na que acusou ao PP de concibir a política “como un favorciño” e de tratar á cidadanía “como algo servil”.
O deputado nacionalista fixo un repaso polas promesas incumpridas que se arrastran desde 2001: “Isto vén de moi lonxe: en 2007 ía estar lista, despois en 2011, logo en 2014, logo en 2017… Agora veñen dicir que en 2028 comezarán a construír unha estrada convencional, sinxela, sen desdobramento, e que casualmente contempla só unha cuarta parte do orzamento inicial. Non colou, non convenceron a ninguén”, afirmou.
Castro dirixiuse directamente á conselleira para cuestionar se a Xunta vai “enterrar definitivamente” o proxecto da VAC Costa Norte, tal e como parece. “Queren contentar a xente cunha estrada normaliña? Estannos a dicir que o que Aznar comezou en 2001 prometendo unha autovía, que Fraga rebaixou a vía de alta capacidade, Rueda remátao en 2026 cunha estrada convencional? En que vai acabar isto? Nun carreiro?”, ironizou.
O deputado reprochoulle á conselleira que falar hoxe de “viabilidade” é unha escusa fóra de tempo. “Se estivésemos en 2003, cumpría estudar outros proxectos, pero estamos en 2026. Non me pode falar de viabilidade 25 anos despois. Isto é unha absoluta vergoña”. Finalmente, demandou que se aclare o futuro do resto da vía: “A variante non remata en Viveiro, segue cara a O Vicedo e chega ata Ortegal. Que vai pasar? Van enterrar todo?”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



