Ribadeo, 27 de febreiro de 2026. Acisa Ribadeo ven de aprobar, na súa asemblea anual, por primeira vez un calendario comercial unificado para o sector comercial. Trátase dunha recomendación que contou co respaldo maioritario dos asistentes.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicou que “na asemblea ordinaria, que tivemos onte, aprobouse o primeiro calendario unificado de aperturas e peches para o comercio na nosa entidade. Tratase dun calendario que nace como orientación e coma unha recomendación xeneralizada, coa que Acisa promocionará os días que se fixaron de apertura e que busca que todo o comercio da vila abra e peche de forma unánime en cada ocasión. Non é unha medida obrigatoria, pero gustaríanos que a maior parte do comercio o asuma como propio. Todos os socios e socias coñecen xa o calendario aprobado, e o que buscamos é evitar esa confusión que soe haber cada dia véspera de dia festivo entre os comercios. Queremos que as dúbidas desaparezan e que dende principios de ano sexa algo que todos teñamos claro e incluso tamén a nosa clientela, facilitando que tanto os establecementos coma nos mesmos poidamos facer promoción da apertura nos días festivos que corresponda”.
Segundo detalla o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, “este calendario, como é lóxico respecta os días de obrigado peche por lei: 1 de xaneiro, 1 de maio, 17 de maio, 25 de maio e 25 de decembro. Respecto os festivos Acisa aprobou abrir o comercio ribadense o 2 de abril (xoves santo) todo o dia, 24 de xuño (San Xoán) todo o día, 15 de agosto todo a xornada e 16 e agosto (por ser domingo toda a maña) por seren os 2 días de maior afluencia turística do ano, 12 de outubro (para quen abra xa que é luns), 6 de decembro solo pola maña, xa que é domingo, e 8 de decembro todo o dia. E polo tanto os días de peche recomendado son: 17 de febreiro, 19 de marzo (San Xosé), 3 de abril (venres santo), 8 de setembro (día da Patroa). Con esta distribución, respectamos o que de modo tradicional se ven facendo na maioría do comercio en Ribadeo dende hai anos, intentando respectar tamén datas sensibles e intentando buscar un equilibrio para fomentar a conciliación laboral e familiar”.
Contas, presuposto de 2026 e outros asuntos
Pérez Prada indicou que “tamén tratamos outros importantes asuntos. Foron aprobadas por unanimidade as contas anuais do exercicio 2025, cuns ingresos de 246.258,72 euros provenientes das cotas, subvencións da Xunta de Galicia, do Concello de Ribadeo e da Deputación de Lugo; sendo un récord histórico en máis de 15 anos e uns gastos de 229.653,51 euros récord tamén histórico, dos que investimos 113.146,35 euros en actividades, 25.997,77 euros en materiais para socios –mais outros 25.000 de xestión indirecta financiado directamente por outras administracións-, 8.113,05 euros en colaboracións, 7.467 euros en vales de compra e o resto do presuposto no mantemento estrutural de Acisa. Estes gastos e ingresos xunto co remanente de 2024 apórtannos un remanente positivo para o 2026 de 18.157,01 euros, dito importe compre destacar que corresponde a partidas de gasto xa comprometidas neste 2026, correspondentes ao soldo e seguridade social do empregado que está contratado ata agosto e os gastos derivados da cabalgata de reis. O resultado contable descontando estes aspecto é de cero euros. Este resultado é o ideal, nin gastamos mais do que temos nin ingresamos mais do que gastamos. As contas foron aprobadas por unanimidade”.
O xerente indicou “fixemos tamén un pequeno análise do estado da asociación, que a 31 de decembro de 2025 contaba con 165 socios, tras a alta de 19 novos negocios, realizamos 61 actividades, colaboramos con 14 entidades, temos activos 12 convenios vantaxosos para socias e socios, aumentamos os patrocinios chegando a mais de 21.905 euros, que nos axudan a cofinanciar as nosas actividades, xeramos unhas 1.000 impresións en prensa, obtivemos mais de 1,5 millóns de visitas ás nosas redes e web, e repartimos un total de 120.000 unidades de diferentes materiais gratuítos, todas cifras récord para Acisa Ribadeo”.
E engadiu: “tamén se fixo un pequeno balance comparativo da evolución da entidade nos últimos anos. No 2014 realizábanse 14 actividades e no 2025 fixemos 61 triplicando así os datos. En relación ao numero de socios, pasouse de 130 socios no 2014 a 165 en 2025, o que supón un aumento de preto dun 30%. Hai dez anos Acisa contaba con 3 convenios activos e na actualidade ten 12, cuadriplicando a oferta. En 2016 non se entregaba ningún material gratuíto aos socios e no 2025 entregáronse 120.000 por valor de preto de 50.000 euros, facendo ademais un acumulado neste período de 400.000 unidades de diferentes materiais gratuítos entregados. Tamén se aumentou o financiamento da nosa entidade, pasando de 0 patrocinios no ano 2017 a 81 patrocinios privados na actualidade por importe de mais 21.905 euros. E no relativo á saúde financeira da entidade, pasamos de ter no ano 2016 uns ingresos de 102.000 euros a 246.000 euros no ano 2025, representando un aumento de preto de preto dun 150%”.
Nestes aspecto, Cruzado Iglesias subliñou que “somos capaces de aumentar a nosa oferta de actividades, de materias e servizos grazas ás cotas dos socios e socias, ás axudas que recibimos da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo (a través das Areas de Medio Rural e Cultura) e do Concello de Ribadeo. E tamén debemos destacar as axudas indirectas da Xunta de Galicia que aumentan en entorno a 25.000 euros o financiamento de Acisa con gastos asumidos directamente por eles. Queremos agradecer e destacar as axudas e o apoio dos nosos patrocinadores coma os colaboradores con doazóns de premios. Todo isto fainos ter unha programación excelente e unhas contas completamente saneadas. Estas cifras non son cousa dun día, veñen dun traballo de anos, no que fomos medrando progresivamente en número de socios, servizos, actividades, e no que se foi xestionando mellor o presuposto. Os datos constatan o bo traballo do pasado e do presente”.
A presidenta de Acisa engadiu que “tamén foi aprobado por unanimidade o presuposto do presente ano 2026, que se cifra en 194.000 euros aproximadamente. No tocante aos ingresos prevé contar coas mesmas axudas publicas que o pasado ano e aumentar tanto os ingresos por cotas como especialmente os patrocinios privados, aspecto este no que traballamos con moito fincapé, xa que nos permite realizar un maior numero de actividades”.
Desde a directiva de Acisa apuntan que “na asemblea informouse tamén demos conta das actividades previstas para o ano 2026, especialmente aquelas nas que xa se está a traballar de cara aos próximos meses e as novidades do ano, así como do informe de días festivos e domingos de apertura e das ampliacións horarias para a hostalería. Como sempre facemos desde Acisa, puxemos a disposición dos socios e socias nesta cita toda a documentación á súa disposición a través dun informe, que por suposto poden consultar en calquera momento nas nosas oficinas”.
Xerente e presidenta tamén fixeron unha pequena chamada de atención “gustaríanos contar cunha maior implicación das nosas socias e socios en Acisa, na participación das campañas, na execución das mesas e nas consultas que facemos. O éxito deste colectivo radica no bo facer dos seus membros, no compromiso e no traballo en rede e colectivo. Con esta asemblea e a posterior comunicación publica tamén cumprimos de forma moi ampla cos varemos de publicidade e transparencia da xestión de Acisa Ribadeo”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



