Nota de prensa
ANTONIO VEIGA INAUGUROU HOXE AS XORNADAS MINDONIENSES DE ARQUEOLOXÍA, QUE FINANCIA INTEGRAMENTE A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN
Antonio Veiga ratificou o apoio da Área de Cultura da Deputación a estas Xornadas “que afondan no coñecemento e posta en valor dunha parte importante e elemental do noso patrimonio material como galegos, o patrimonio arqueolóxico”
MONDOÑEDO, 17 de decembro de 2010. O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, inaugurou esta mañá as “X Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía. Villaamil y Castro”, que se celebran entre hoxe e o domingo no centro de desenvolvemento comarcal de Mondoñedo. Ao acto de inauguración tamén asistiu o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, ademais do arqueólogo do concello, Abel Vigo, quen pronunciou a primeira conferencia sobre os vestixios do castro mindoniense de Zoñán, e Manuel Valín, xerente da Fundación Comarcal da Mariña Central en representación das entidades organizadoras destas xornadas.
Como explicou Antonio Veiga, “esta décima edición está financiada integramente pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, con 3000 euros”. Veiga ratificou o apoio desta institución a estas xornadas xa que permiten afondar “no coñecemento e posta en valor dunha parte importante e elemental do noso patrimonio material como galegos, o patrimonio arqueolóxico”. Antonio Veiga destacou que “non só escavar e conservar restos arqueolóxicos resulta importante, senón que estas accións deben vir acompañadas doutras que teñan un matiz divulgador, para achegar a arqueoloxía á xente, como estas xornadas, que permiten botar unha ollada sobre o noso pasado e historia”.
As xornadas naceron no ano 2001 co fin de dar a coñecer a calquera tipo de público afeccionado unhas nocións básicas e serias sobre arqueoloxía, da man de investigadores científicos e demais persoas formadas na materia, ao mesmo tempo que se poñía en valor o patrimonio da comarca. Pretenden, dende a súa creación e tendo un grande éxito entre o público, achegar a ciencia á sociedade, xa que ademais da investigación científica, a divulgación tamén é un aspecto fundamental desta disciplina. Para isto, como explicou Abel Vigo, “intentamos acadar un punto medio que axude aos participantes a observar un xacemento ou museo e a ver os aspectos importantes do mesmo”.
A matrícula é gratuíta e pode facerse a través do enderezo electrónico xornadas.arqueo@terra.es, ou chamando por teléfono ao concello (982 52 40 03). O programa comeza coa conferencia sobre o “Castro de Zoñán. Campañas 2009 e 2010” a cargo do propio Abel Vigo. O castro visitarase o sábado pola mañá, e pola tarde, Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo Provincial de Pontevedra, falará sobre “Gravados rupestres en Galicia. Unha aproximación”. O domingo 19 visitarase pola mañá o Castro de San Cibrán de Las (Punxín – San Amaro, Ourense), e o edificio do Museo Arqueolóxico de Ourense (Antigo Pazo Obispal), guiada por Manuel Xuto Rodríguez (axuntamos horario das xornadas).
En edicións anteriores destas xornadas tratáronse temas a nivel xeral e outros máis concretos sobre a zona como por exemplo “O Megalitismo en Galicia”, “A Idade do Bronce en Galicia”, “A Cultura Castrexa”, “A Cultura Galaico – Romana” e “Inscripcións do Mundo Paleocristiano”, participando personalidades da vida científica galega como son Fernando Acuña Castroviejo (Catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela), José Carro Otero (Membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia da Historia) ou Ramón Fábregas Valcarce (Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela), entre outros. Realizáronse visitas a diversos puntos de interese de Galiza, León e Asturias, tales como o Castro de Fazouro, o Castelo de Pardo de Cela no Concello de Alfoz, o Castro de Viladonga, e o Castro de Coaña (Asturias).
HORARIO
Venres 17 de decembro de 2010.
20:00 h. Conferencia.
“Castro de Zoñán. Campañas 2009 e 2010”
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo
Excmo. Concello de Mondoñedo
Sábado 18 de decembro de 2010.
10:00 h. Saída de Mondoñedo.
Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo)
Dr. D. Abel Vigo García
Arqueólogo Director dos traballos
20:00h. Conferencia.
“Gravados rupestres en Galicia. Unha aproximación”
D. Antonio de la Peña Santos
Arqueólogo do Museo Provincial de Pontevedra.
Domingo 19 de decembro de 2010.
07:45 h. Saída de Mondoñedo
11:00 h. Visita.
Castro de San Cibrán de Las
(Punxín – San Amaro, Ourense)
13:30 h. Visita
Edificio do Museo Arqueolóxico de Ourense (Antigo Pazo Obispal)
Dr. D. Manuel Xuto Rodríguez
(Museo Arqueolóxico de Ourense)
Clausura e entrega de diplomas.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



