Defendeu a Presidenta que “esta é a nosa política, absorber ese esforzo económico, porque temos os recursos para facelo, temos o convencemento, e porque os concellos máis pequenos da provincia de Lugo non poden afrontalo sós”
Lugo, 6 de marzo de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un convenio marco de colaboración para asumir o custo das residencias da institución provincial. Os rexedores de Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada firmaron na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos este documento, que asenta as novas bases de cooperación no que ten que ver cos Centros de Atención a Maiores (CAMs) situados neses municipios.
“Hoxe damos un paso moi importante. Un paso que ten que ver con quen somos como institución e co que entendemos que debe ser o papel dunha Deputación no século XXI”, expuxo a Presidenta. Explicou que desde o 2019 a institución provincial asumiu de forma directa a xestión dos CAMs, “fixémolo porque cremos que os servizos sociais son un dereito, non un negocio”, pero incidiu en que a Deputación é “unha administración eficiente, o que implica revisar, mellorar e modernizar os marcos de colaboración cos concellos. Iso é o que facemos hoxe cos novos convenios”.
Carmela López explicou que o compromiso da Deputación se traduce nun “alivio real e significativo para os concellos”, porque a institución provincial pasa a asumir “a diferencia completa entre o custo do servizo e o que pagan os residentes, sen trasladar parte da carga aos municipios”.
Nese sentido, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, que acompañou á Presidenta durante a sinatura, puxo como exemplo que no 2024 o custo real de atender a unha persoa dependente nos CAMs da Deputación foi de 2.378,75 € euros ao mes, asumindo o residente un máximo de 1.390€. A diferencia era asumida nun 75% pola institución provincial e un 35% polos concellos, cun tope de 200€ por usuario ao mes nos municipios de menos de 5.000 habitantes e un tope de 600€ naquelas localidades con máis poboación. En termos absolutos, detallou Rivera Capón, os concellos afrontaron no 2024 un custe medio de 76.000€, e agora destinarán en torno aos 15.000€ para gastos de lixo, abastecemento de auga e pequenas reparacións que non superen os 500€.
“Esta é a nosa política”, defendeu Carmela López “que sexa a institución provincial a que absorba ese esforzo económico, porque temos os recursos para facelo e temos o convencemento, e porque os concellos máis pequenos da provincia de Lugo non poden afrontalo sós”. Fixo fincapé en que “os servizos sociais non se improvisan, constrúense con tempo, con investimento público e con vontade política”. Algo que a Deputación “leva anos facendo. Hoxe consolidamos ese camiño cun modelo máis sólido, máis xusto e máis sostible”.
No 2029 os concellos terán aforrado, grazas a este novo marco, entre 1,7M€ no caso da Fonsagrada e 2,2M€ no caso de Ribadeo, que é o CAM da Deputación máis grande en número de usuarios. “Ese diñeiro queda nos vosos municipios, para as vosas prioridades, para poder atender mellor aos vosos veciños e veciñas. Porque entendemos que fortalecer a Deputación non significa debilitar aos concellos, todo o contrario, significa liberarvos de cargas”, explicou a Presidenta aos alcaldes.
Novas ordenanzas de acceso e prezo único
Entre as novidades máis salientables do novo marco xurídico, Carmela destacou unha nova ordenanza de acceso provincial, a norma que regula como se ingresa nos centros e “que reforza a regra de prioridade por veciñanza”. Precisamente, o documento –que terá que ser aprobado no Pleno- manterá a filosofía da normativa actual, que favorece a prioridade por proximidade xeográfica ao CAM, e axustándose ao modelo de atención que xa aplican as residencias da Deputación: benestar psicolóxico, vida social e relación coa contorna e a familia.
Nese sentido, argumentou a Presidenta que “o modelo que construímos ten un nome: proximidade”, o que significa que “unha persoa maior de Castroverde, A Fonsagrada ou Ribadeo pode envellecer con dignidade preto dos seus, na súa terra, na súa contorna. Que non ten que marcharse lonxe cos novos convenios”. E puxo en valor que estes anos a Deputación coidou de 569 persoas a través dun modelo de atención “que non só se centra no benestar físico, senón tamén na mente e no vinculo de cada persoa coas súas orixes”.
Destacou ademais que a institución provincial garante “estándares homoxéneos de calidade en todos os centros, independentemente de en que municipio estean. E protexemos especialmente a quen menos ten, respectando sempre o mínimo vital”.
Detallou que tamén se elaborará unha ordenanza de prezo público que regulará a contía a pagar polas persoas usuarias. A cantidade que paguen os residentes calcularase tendo en conta tres cuestións: o custo real do servizo, a capacidade económica de cada persoa e o sistema actual de protección para as persoas en situación de maior vulnerabilidade. Un sistema que busca tamén que as persoas con ingresos máis altos contribúan máis ao coste do servizo.
Unha rede de residencias de 18 centros
A Deputación ten a día de hoxe 9 residencias en funcionamento das 18 proxectadas. As de Trabada, Pol e Ribadeo comezaron a funcionar ao longo do 2019 e en apenas catro anos puxéronse en marcha as outras seis. A da Fonsagrada abriu no 2020, Castroverde, Meira e Pedrafita do Cebreiro no 2021, Navia de Suarna no 2022 e finalmente Ribas de Sil no 2023. Ademais a institución provincial avanza na apertura da de Becerreá, ten en marcha as obras en Guitiriz, A Pobra do Brollón e A Pontenova; e continúa a traballar nos proxectos dos centros que se abrirán en Portomarín, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Pantón.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



