Mondoñedo, 7 de marzo, 2026. O Concello de Mondoñedo, en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, pon en marcha unha nova campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo para 2026.
As visitas deste ano xa están activas e desenvólvense durante as fins de semana —venres, sábados e domingos— con dous grupos diarios: ás 11:00 h e ás 16:00 h. Durante a Semana Santa, a oferta amplíase con visitas todos os días.
Tras este período, as visitas manteranse en fins de semana e festivos ata o verán, momento no que pasarán a realizarse todos os días da semana e incorporarase un novo horario ás 18:30 h.
Percorrido e requisitos
As visitas discorren pola Galería Central, cun itinerario de 300 metros e unha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos. É necesario contar cunha condición física normal e non presentar problemas de mobilidade nin patoloxías cardiorespiratorias.
A idade mínima para participar é de 11 anos e o prezo da actividade é de 20 € por persoa.
Reservas
As reservas deben realizarse previamente na Oficina de Turismo de Mondoñedo:
982 50 71 77
turismo@concellomondonedo.es
Material necesario
É obrigatorio acudir con calzado pechado e con sola de goma para evitar esvaróns. Recoméndase levar roupa que poida mancharse e unha muda para despois da actividade.
O Concello facilita casco con iluminación, luvas, traxe desbotable e material de hixiene para o seu uso.
Segunda modalidade: Visita á Zona do Río
Tras a excelente acollida dos últimos anos, mantense a modalidade avanzada: a Visita á Zona do Río, un percorrido máis longo e técnico, pensado para persoas cun nivel físico superior.
Estas visitas poden realizarse baixo demanda, calquera día da semana, sempre con reserva previa na Oficina de Turismo.
A idade mínima é de 18 anos e o prezo desta experiencia espeleolóxica é de 40 € por persoa.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



