As inscricións estarán abertas ata o luns 23 de marzo
Cariño, 9 de marzo, 2026. O Concello de Cariño porá en marcha unha nova edición do Campamento Concilia de Semana Santa, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións escolares.
O campamento desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne, en horario de 9:30 a 14:30 horas. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, cun total de 36 prazas dispoñibles.
As inscricións para participar nesta actividade estarán abertas ata o luns 23 de marzo a través da web: https://escuelacontalento.es/campamentos. O custo por participante será de 16 euros, con descontos aplicables para varios membros dunha mesma unidade familiar. As bases completas da convocatoria poden consultarse na páxina web municipal.
O programa do campamento estará centrado en actividades educativas e lúdicas, entre as que destacan propostas relacionadas coa música e o movemento, a ciencia, as dinámicas de grupo ou as manualidades, así como actividades que fomentan a creatividade e o enxeño.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, explica que “se trata de una medida con la que buscamos contribuir a la conciliación familiar en nuestro municipio y ofrecer al mismo tiempo un espacio educativo, creativo y de ocio para los más pequeños durante las vacaciones escolares”.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



