Xove, 9 de marzo, 2026. O Concello de Xove celebrou esta fin de semana dous actos destacados dentro da programación do Mes da Muller, organizados con motivo do Día Internacional da Muller (8M) e centrados este ano na importancia da corresponsabilidade entre homes e mulleres nos procesos educativos e nos coidados familiares.
Por unha banda, o pasado sábado tivo lugar a tradicional Andaina pola Muller, na que participaron arredor de 70 persoas. As asistentes percorreron un itinerario simbólico para reivindicar a igualdade e visibilizar a necesidade de seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Xa o domingo celebrouse no salón de actos do Concello unha chocolatada-homenaxe ás primeiras mulleres emprendedoras de Xove, un acto no que participaron máis de 140 persoas e que serviu para recoñecer o papel das mulleres que, entre os anos 1961 e 1985, abriron negocios no municipio e estiveron á fronte deles nun momento no que o emprendemento feminino non era habitual.
Durante o acto proxectouse un vídeo no que as propias protagonistas compartiron, a través dunha pequena entrevista, as súas lembranzas sobre aqueles primeiros pasos no mundo empresarial, relatando as dificultades, as ilusións e o significado que tivo para elas emprender naquela época.
Tras a proxección, as 15 mulleres homenaxeadas recibiron un pequeno detalle como mostra de agradecemento polo seu esforzo e por abrir camiño ás xeracións posteriores.
Desde o Concello destacouse que este recoñecemento busca poñer en valor a valentía, o traballo e a capacidade destas mulleres, que contribuíron ao desenvolvemento económico e social do municipio e que constitúen un exemplo para as novas xeracións.
A programación do Mes da Muller continuará este mércores co faladoiro “Reivindicamos a corresponsabilidade: comunicación consciente e corresponsable”, un espazo de reflexión e diálogo no que se abordará a importancia dunha comunicación máis consciente e igualitaria nas relacións familiares e educativas, dentro da aposta deste ano por promover a corresponsabilidade entre homes e mulleres.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



