Tamén propoñen eximir ao sector do pago das cotas á Seguridade Social durante todo o período no que se sucedan os fenómenos climáticos adversos e que o Goberno de España inicie os traballos necesarios para pedir á Comisión Europea a adopción dunha medida excepcional
Madrid, 11 de marzo de 2026. O Grupo Popular presenta na Comisión de Pesca do Senado -onde o galego Manuel Ruiz é o portavoz popular e da que forma parte o mariñán José Manuel Balseiro- unha iniciativa para esixir ao Goberno de Sánchez medidas de apoio á frota ante “os problemas específicos ocasionados ao sector pesqueiro polos últimos temporais”.
Os populares instan ao Goberno do Estado a poñer en marcha mecanismos de compensación, automáticos e áxiles, para dar resposta á situación que atravesan as persoas traballadoras do sector marítimo-pesqueiro a consecuencia dos danos sufridos a causa das borrascas e os episodios meteorolóxicos extremos continuados rexistrados na presente campaña.
Así mesmo, propoñen eximir ao sector do pago das cotas á Seguridade Social durante todo o período no que se sucedan os fenómenos climáticos adversos. E tamén inciden en que o Goberno de España inicie os traballos necesarios para pedir á Comisión Europea a adopción dunha medida excepcional, conforme ao artigo 26 do Regulamento (UE) 2021/1139 polo que se establece Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura, en virtude do que se poida aprobar a articulación de medidas de apoio ao sector ante episodios extraordinarios, co obxectivo de dar resposta aos problemas específicos ocasionados polos fenómenos climáticos adversos ao sector.
Os senadores populares coinciden en que “os temporais marítimos son o principal factor de risco e xera incerteza no sector pesqueiro que, ante determinadas condicións meteorolóxicas, non sae ao mar por razóns de seguridade”.
As continuas borrascas e frontes atlánticas provocaron choivas moi intensas e persistentes que “impediron nas últimas semanas a actividade pesqueira da frota galega e do resto da costa española, impedindo que a de baixura e o marisqueo que dependen das saídas diarias para manter a súa rendibilidade fora realizada con normalidade”.
Os populares advirten que “o sector marítimo-pesqueiro non pode recuperar os días perdidos polo temporal xa que os produtos do mar son un recurso perecedoiro e os mercados demandan subministración continua” polo que “as súas perdas son irreversibles”. Así mesmo, ten que seguir afrontando custos de persoal e as cotizacións á Seguridade Social. De feito, “é o único sector produtivo que debe seguir asumindo os custos sociais completos sen posibilidade de realizar a súa actividade laboral”.
GALICIA
En Galicia, o Goberno galego a través dos biólogos de zona da Consellería do Mar e en colaboración coas confrarías de pescadores, realizaron dende o momento no que se puido actuar mostraxes dentro dunha campaña extraordinaria de análises do estado do recurso nos bancos marisqueiros das rías despois dos temporais.
Así mesmo, a Xunta reiterou o seu compromiso de continuar traballando da man do sector no deseño das medidas que van permitir apoiar aos profesionais e garantir a sustentabilidade do marisqueo galego mentres se recuperan os recursos.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



