A Comisión Andrea López Chao pecha a súa actividade que ao longo dos últimos anos pretendeu impulsar un recoñecemento institucional da mestra mindoniense
Mondoñedo, 16 de marzo de 2026.A Comisión Homenaxe a Andrea López Chao culmina mañá, 17 de marzo, o seu labor de recuperación e divulgación da figura da ilustre mestra mindoniense cun acto de recepción institucional no Parlamento de Galicia, no que participará un grupo de 17 persoas vencelladas ao proxecto.
A xornada inclúe dúas visitas programadas en Santiago de Compostela, tanto ao Consello da Cultura Galega como ao Parlamento de Galicia, co obxectivo de presentar o traballo desenvolvido nos últimos anos e reforzar a proxección pública da memoria e do legado de Andrea López Chao.
Durante as recepcións farase entrega dun amplo dossier documental que recompila as múltiples actividades impulsadas pola Comisión desde a súa creación, así como o monográfico e o libro de actas das xornadas celebradas en Mondoñedo e Vilalba en 2023. O documento recolle o proceso sostido de recuperación histórica desenvolvido entre 2022 e 2026, que abrangue actos en Mondoñedo, Vilalba, Lugo, Vigo, Ares, Madrid e A Habana, entre outros lugares.
Andrea López Chao (Mondoñedo, 1874 – A Habana, 1954) é unha das figuras máis destacadas —e ata hai pouco esquecidas— da diáspora galega e do movemento feminista de comezos do século XX. Mestra de formación, foi impulsora da sociedade Hijas de Galicia e responsable do Plantel Concepción Arenal na Habana, desde onde defendeu unha educación laica, progresista e igualitaria para as mulleres emigrantes. A súa intervención no Congreso Nacional de Mulleres de Cuba en 1923 consolidouna como unha das voces pioneiras do feminismo transatlántico.
A Comisión, creada en Mondoñedo en 2022, promoveu un amplo programa de actividades que incluíu xornadas divulgativas, publicacións, exposicións, colocación de placas conmemorativas, a dedicación dunha rúa en 2025 e a produción dun documental sobre o seu legado. O acto institucional do 17 de marzo de 2026 no Parlamento de Galicia supón o colofón deste ciclo de traballo, mais abre tamén unha nova etapa na que se aspira a consolidar definitivamente a presenza de Andrea López Chao na memoria colectiva de Galicia.
O concelleiro de Cultura, Alberto García, agradeceu o intenso labor desenvolvido pola Comisión ao longo destes anos. De maneira especial, recoñeceu o esforzo, a dedicación e a capacidade de coordinación de Luis Fernández Ansedes, cuxo impulso resultou determinante para a organización das numerosas actividades celebradas tanto en Galicia como no exterior, contribuíndo de forma decisiva á consolidación deste proxecto de reivindicación histórica e cultural.























“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



