Mondoñedo, 19 de marzo, 2026. A Asociación Mauro Leivas deu hoxe, 19 de marzo, os seus primeiros pasos nun acto emotivo celebrado no Pazo de Santo Tomé, en Mondoñedo. A sala quedou pequena ante a resposta da cidadanía, que quixo render homenaxe a un dos creadores máis singulares e comprometidos da plástica galega contemporánea.
No evento participaron o alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero; o tenente de alcalde de Barreiros, Antonio Veiga, en representación da alcaldesa Ana Ermida; o tenente de alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez; o concelleiro de Cultura, Alberto García; representantes do PSOE e do BNG; e a comisaria da Rede Museística Provincial de Lugo, Silvia Fiallega.
A iniciativa está impulsada por familiares e amizades do artista, cun dobre obxectivo: preservar a súa memoria creativa e manter vivo o seu compromiso social e cultural, oito meses despois do seu falecemento en xullo de 2025. A Asociación conta con figuras de referencia como Juan Puchades, Xosé Artíaga, Daniel Caxigueiro, Silvia Fiallega e Encarna Lago.
Un creador versátil e profundamente humanista
Mauro Leivas (Mondoñedo, 1955–2025) destacou pola súa extraordinaria versatilidade: do cómic ao hiperrealismo, da pintura á abstracción dixital. A súa obra explorou a cor, a forma e a emoción, sempre desde un profundo respecto polos valores da inclusión, a diversidade e a xustiza social.
A súa personalidade —libertaria, crítica e solidaria— é inseparable da súa produción artística.
Un legado artístico e un pensamento propio
O acto abriu coa intervención do secretario da Asociación, Chus Ruiz, quen agradeceu a presenza institucional e veciñal e salientou o papel de Mauro na arte e no pensamento galego das últimas décadas.
O vogal da entidade, Pedro Leivas, repasou a traxectoria do artista e destacou o seu carácter visionario:
Ruiz explicou que a Asociación será fiel aos valores que definiron a Mauro: ecoloxismo e defensa do territorio, diversidade cultural, dereitos LGBTQIA+, antibelicismo e pensamento científico.
Un proxecto vivo, non só un arquivo
A vicepresidenta, Marián Ferreira, subliñou que a Asociación nace coa vontade de ser un axente activo na cultura galega:
Ferreira lembrou tamén a súa constante curiosidade e capacidade de reinvención, como a súa última etapa coas tintas chinesas.
A tesoureira, Pepa Carballeira, pechou o acto destacando a vontade de colaboración con entidades culturais públicas e privadas de toda Galicia:
Chamamento á cidadanía
A Asociación fixo un chamamento especial a quen posúa obras ou documentación relacionada con Mauro Leivas —cartaces, catálogos, fotografías, materiais de exposicións— para incorporala ao Arquivo Xeral, co único obxectivo de completar o rexistro da súa traxectoria.
Tamén convidan a participar no proxecto, xa sexa mediante colaboración puntual ou formando parte activa da organización.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



