O prazo de execución da actuación, unha vez que se inicien os traballos, é de cinco meses
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2026. A Xunta de Galicia vén de adxudicar por case 375.000 € a obra de rehabilitación integral do Colexio San Miguel de Reinante Barreiros, que realizará a empresa Metaleume. O prazo de execución da actuación, unha vez se inicien os traballos, é de cinco meses
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP centrará a actuación nos edificios do centro destinados a aulario, co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética e o conseguinte benestar para a comunidade educativa. De feito, agárdase acadar un aforro do consumo de enerxía e unha redución das emisións dunha media do 40% unha vez rematadas as obras.
Para iso colocarase nova carpintería con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo, instalarase sistema de illamento térmico tipo SATE na fachada e porche cuberto e novas luminarias tipo LED naquelas zonas que carecen desta tecnoloxía.
A actuación enmárcase nas primeiras 16 obras programadas pola Consellería en centros de ensino para este ano, cun investimento total de máis de 16 M€. No conxunto de 2026, o investimento da Xunta en obras en centros educativos ascenderá a un total de 73,6 M€, un 4% máis.
Máis de 8 M€ na Mariña lucense
A rehabilitación do colexio de Barreiros eleva a máis de 8 M€ o investimento en obras en centros educativos da Xunta na Mariña lucense no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica.
Entre elas destacan, pola súa envergadura, as rehabilitacións integrais do Instituto de Foz (1,2 M€), do CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo, 1 M€), do IES María Sarmiento (Viveiro, 810.000 €) e o cambio de cuberta do edificio principal do CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 450.000 €).

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



