A Mariña, 7 de abril de 2026. O senador do PP por Lugo, José Manuel Balseiro, criticou no Pleno do Senado que o Goberno do PSOE “non cumpre o comprometido coa A-74 da Mariña por falta de vontade política e só ofrece escusas”, en referencia ás explicacións dadas hoxe polo ministro de Transportes, Óscar Puente.
Balseiro lembrou o compromiso anunciado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a través do secretario xeral do PSOE en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado de deputados e alcaldes socialistas, durante a campaña das eleccións xerais de xullo de 2023. Segundo indicou, daquela asegurouse que as obras da autovía A-74 se iniciarían en 2024, unha “demanda histórica”, afirmou. “Dous anos despois e tras case oito anos de Goberno, nada de nada”, engadiu.
O senador formulou ao ministro a pregunta de por que o Executivo non iniciou en 2024 as obras comprometidas publicamente. E cuestionou: “A que PSOE debemos crer: ao que en campaña prometía que o primeiro tramo estaría en 2024, ou ao que agora di que era imposible? Estaban o señor Besteiro e os seus compañeiros enganando aos veciños, ou está vostede enganándonos agora?”
Comparativa de investimentos
Balseiro tamén criticou que o Goberno non executase as partidas previstas en distintos exercicios, “nin sequera os 4 millóns de euros consignados polo último Goberno de Mariano Rajoy”.
Segundo explicou, nos últimos Orzamentos do PP (2018) estaban previstos:
• 4 millóns de euros para 2018
• 21 millóns para 2019 (proxección)
• 40 millóns para 2020 (proxección)
Pola contra, afirmou que o PSOE reduciu a previsión a 1,5 millóns de euros en tres anos, dos cales “non se executou nin un só euro”.
Balseiro concluíu que, con oito anos de Goberno socialista, “hai cero euros executados, cero proxectos e cero quilómetros de autovía”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



