Viveiro, 8 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro trasladou ao goberno local tres preocupacións urxentes relacionadas coa seguridade en espazos públicos, a transparencia en obras hidráulicas e o mantemento de zonas verdes.
1) Poste danado no campo das Douradas (Vieiro)
O grupo socialista alerta do risco que supón un poste de formigón danado no campo das Douradas, en Vieiro, presuntamente golpeado por un camión dunha orquestra durante as festas de San Ciprián. A base presenta danos e o poste permanece suxeito unicamente cun puntal de obra, soportando ademais parte do peche do recinto.
O PSOE solicita ao goberno municipal información sobre o expediente, se se reclamaron responsabilidades á empresa implicada, os prazos de reparación ou substitución e a adopción inmediata de medidas de seguridade.
2) Falta de transparencia nas obras contra inundacións no río Fontecova
O grupo lembra que a Xunta licitou en 2025 e adxudicou en marzo de 2026 as obras de redución do risco de inundación no río Fontecova, en Xunqueira, cun investimento superior a 770.000 euros, dentro dun convenio entre Augas de Galicia, Deputación e Concello.
O PSOE denuncia que o actual goberno municipal non informou nin á corporación nin á cidadanía sobre a empresa adxudicataria, o calendario de execución, o grao de cumprimento do convenio ou a achega económica municipal, que non aparece claramente recollida nos orzamentos de 2026. Consideran especialmente grave esta falta de información ao tratarse dunha zona con risco elevado de inundación.
3) Restos de poda acumulados no parque de Lavandeiras
O grupo socialista critica que, dous meses despois das podas realizadas no parque de Lavandeiras, os restos continúan acumulados en varios puntos, especialmente xunto á antiga fábrica de Alonso. Lembran que o goberno municipal xustificara a demora por estar á espera de reunir toda a poda, pero xa non se están realizando novos traballos.
Advirten de que esta situación afecta á imaxe do parque e pode supoñer riscos para as persoas usuarias. Solicitan explicacións pola demora, unha data de retirada e se existe intención de empregar estes restos para as lumieiras de San Xoán.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



