Vialba, 8 de abril, 2026. O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 9 de abril, un pleno extraordinario no salón de plenos da Casa do Concello, a partir das 9:00 horas, no que se tratarán asuntos de especial relevancia para a xestión municipal.
O punto principal da orde do día será a aprobación, se procede, da cuestión de confianza vinculada ao proxecto de orzamentos de 2026, despois de que o documento non obtivese apoio suficiente no pleno ordinario do pasado mes de marzo.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliña que “os orzamentos son unha ferramenta fundamental para o funcionamento do Concello e para planificar a actividade municipal ao longo do ano”.
Engade que “a cuestión de confianza é un mecanismo previsto na normativa que permite continuar coa tramitación do proxecto orzamentario dentro do procedemento establecido”.
Se a cuestión de confianza prospera, o proxecto de orzamentos quedará aprobado inicialmente. No caso contrario, abrirase un prazo para que se poida presentar unha proposta alternativa de goberno, conforme á lexislación vixente.
A sesión incluirá tamén a aprobación da proposición de adxudicación do contrato de subministración de enerxía eléctrica para as dependencias e instalacións municipais, co obxectivo de garantir un servizo adecuado e estable.
Con esta convocatoria, o Concello de Vilalba continúa coa súa planificación administrativa e coa tramitación dos instrumentos necesarios para o funcionamento ordinario dos servizos municipais.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



