Lourenzá, 8 de abril, 2026. A biblioteca maravilhas-escola de Arroxo (Lourenzá) acollerá o mércores 15 de abril de 2026, ás 19:00 h, a Homenaxe a Manuel Lourenzo, un acto que recupera un proxecto ideado polo propio dramaturgo.
A homenaxe consistirá no recitado de catro poemas de Luís Seoane, seleccionados polo propio Manuel Lourenzo e escollidos nun encontro mantido o 24 de xaneiro de 2025, coincidindo co aniversario de Maruja Seoane. Nesta ocasión, serán os actores Santi Romay e Xosé Manuel Esperante quen lles poñan voz aos textos, nun acto que tamén incluirá unha pequena sorpresa para o público.
Con motivo da homenaxe publicarase un libro conmemorativo que recolle os catro poemas de Luís Seoane acompañados da letra autógrafa de Manuel Lourenzo.
Ese mesmo día farase público o Premio de Teatro Manuel Lourenzo, que terá carácter bianual e cuxo ditame se dará a coñecer o 15 de abril de 2027.
Traxectorias dos intérpretes
Xosé Manuel Esperante
Traballa con compañías como o Centro Dramático Galego, Xarope Tulú, Anómico Teatro, Cámara Negra, Ibuprofeno Teatro, A Factoría Teatro, Pedras de Cartón, Baobab ou Caramuxo Teatro. Participa en proxectos audiovisuais como Rapa, Clanes, A arte de ser (mal) pai, Fariña, Lobos Sucios, Antes de nós ou Quien a hierro mata.
Foi finalista dos Premios María Casares ao mellor actor secundario e recibiu galardóns como o Premio ao Mellor Actor Protagonista na Mostra de Curtas de Noia (Inútil) ou o Premio Pousadiño á mellor interpretación teatral (O pack cósmico).
Santi Romay
Actor e produtor, con experiencia en teatro, televisión e cinema. Premio María Casares por O tolleito de Inishmaan, é titulado en Pedagoxía Teatral pola Universidade da Coruña.
Participou en series como Mareas Vivas, Matalobos, Casa Manola, Auga Seca ou Serramoura. No ámbito teatral traballou en montaxes como A peste (CDG), Medida x Medida (PT Excéntricas), Yepeto (Teatro do Andamio) ou Coleccionistas. Actualmente forma parte de Memorias dun neno labrego, dirixida por Cándido Pazó.
Continuación da homenaxe: Ribadeo, Boiro e Carral
A homenaxe a Manuel Lourenzo enlazarase co XX Agasallo a Luís Seoane, que se celebrará o 1 de xuño no Pazo de Goiáns (Boiro), coa colaboración da Fundación Alcalde Varela, a Asociación Cultural Barbantia e o Concello de Boiro. Romay e Esperante volverán recitar poemas, e realizarase unha plantación simbólica de tres plantas de ruda e un allo verde, en lembranza do libro Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, 1948).
O mércores 3 de xuño, o Centro Social de Barcia-Carral acollerá unha homenaxe conxunta a Manuel Lourenzo e Luís Seoane, coa participación de Miguel Pernas e coa reinstalación da placa dedicada a Maruja e Luís Seoane, colocada inicialmente en 2017 no Val de Barcia.
A organización sinala que esta homenaxe itinerante pode chegar a máis lugares, sempre que exista interese local, para continuar celebrando a obra e o legado de Manuel Lourenzo e Luís Seoane, dous creadores galegos profundamente vinculados ao territorio e á cultura do país.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



