Ribadeo, 9 de abril de 2026. Ribadeo celebrou o Día Internacional do Pobo Xitano coa lectura dun manifesto e cunha concentración diante da Casa do Concello.
A edil de Benestar Social, Elena Sierra, foi a encargada de ler o texto: “hoy, 8 de abril, el Ayuntamiento de Ribadeo se suma a la conmemoración del Día Internacional del Pueblo Gitano. Celebramos una identidad cultural y la contribución de este pueblo a nuestra sociedad. Desde la Concejalía de Bienestar Social queremos reafirmar nuestro compromiso con la igualdad y con la lucha contra el antigitanismo, evitando así la discriminación y cualquier forma de exclusión”.
A concelleira de Benestar Social dixo: “seguiremos trabajando para promover una sociedad más justa e inclusiva, donde todas las personas tengan las mismas oportunidades y derechos. Desde este Ayuntamiento renovamos hoy nuestro compromiso con la convivencia, el respeto y la diversidad, valores que hacen de Ribadeo una comunidad más fuerte y solidaria”. E tivo palabras de agradecemento para o pobo xitano: “por su historia, su cultura y su presente”.
Elías, tomou a palabra en nome do pobo xitano de Ribadeo, e contou que se senten plenamente integrados en Ribadeo, onde moitas e moitos deles están a traballar ocupando nalgún caso postos de responsabilidade. E agradeceulle ao Concello a iniciativa de celebrar todos xuntos o Día Internacional do Pobo Xitano. O alcalde, Dani Vega, tamén se dirixiu aos asistentes para felicitalos e para agradecerlles o seu traballo e a súa integración neste concello.
Nesta xornada de celebración tamén estiveron presentes a música e o cante.
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



