A deputada de Igualdade participou hoxe en Mañón na presentación do mapa ‘A memoria da auga’, que recupera a memoria das mulleres ao dos espazos de traballo e socialización que foron as fontes e os lavadoiros
Mañón, 9 de abril de 2026. A deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Sol Agra, e a deputada de Plans Provinciais, Cristina García, participaron na presentación do mapa ‘A memoria da auga. Fontes e lavadoiros no concello de Mañón’, unha iniciativa que pon en valor o papel das mulleres na conservación e transmisión da memoria vinculada a estes espazos. «A recuperación da memoria dos traballos das mulleres é fundamental para conservar a historia dos pobos», subliñou Agra.
O acto, celebrado no lavadoiro da vila de Bares (Mañón), encádrase na campaña municipal do 8M e tamén se inclúe no proxecto proxecto ‘A memoria da auga contada por mulleres’, no que se leva traballando desde 2024 coa participación de mulleres das cinco parroquias do municipio, principalmente a través do programa de envellecemento activo.
Ao longo destes anos, o Concello impulsou distintas accións, como unha exposición fotográfica e unha peza documental, ás que se suma agora a edición dun mapa despregábel con textos e imaxes, recentemente impreso pola imprenta provincial.
Neste contexto, a deputada de Igualdade, Sol Agra, destacou que o mapa «combina memoria histórica municipal, recursos patrimoniais e turísticos, posta en valor dos saberes femininos e dos traballos das mulleres, imprescindíbeis para o mantemento da familia, mais nunca remunerados nin valorados», ao tempo que incorpora «convivencia, dinamización, lingua, cultura e intercambio interxeracional». Estes aspectos, subliñou a deputada, «non sempre se valoran dabondo porque parece que falamos de cousas de antes e pouco relevantes».
Agra puxo tamén en valor o traballo desenvolvido no marco do proxecto, recoñecendo o labor da técnica de igualdade Lucía Canoura, «que forma parte da rede de técnicas de igualdade financiada pola área de Igualdade da Deputación», así como a implicación das veciñas participantes. Neste sentido, incidiu en que a dinamización do rural «é posíbel cando hai recursos humanos e orzamentarios», e sinalou que o proxecto de Mañón «é unha boa demostración».
A deputada reflexionou ademais sobre os cambios sociais asociados á desaparición destes espazos de encontro. Malia que a lavadora aliviou a carga de traballo, tamén contribuíu a illar as mulleres nos fogares. Tarefas como lavar nos ríos ou acudir aos lavadoiros, aínda sendo duras, xeraban espazos propios de relación entre mulleres, «nos que animarse, consolarse, coidarse e tamén divertirse», fronte a unha sociedade na que elas tiñan moi limitadas as opcións de socialización.
Por iso, subliñou a importancia de recuperar estes coñecementos a través da memoria das súas protagonistas, recollelos e preservalos para as novas xeracións, nun traballo que cualificou como «etnográfico de moito valor para os concellos».





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



