Os populares afean a “incongruencia” de Marta Rouco que no anterior mandato como concellería de Facenda “dicía que o presuposto non era importante porque non cambia o funcionamento do Concello” para xustificar que levaban 4 anos prorrogando os orzamentos dun goberno do PP”
Vilalba, 9 de abril de 2026. O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de confianza, “evidénciase que a alcaldesa socialista Marta Rouco non ten apoio nin liderado”. Os populares condenan que, a pesar de liderar un goberno en minoría, actúa con “soberbia” e “non quere chegar a ningún consenso”.
O PP mantén abertas as portas ao diálogo con Vilalba Aberta o BNG para apoiar unha moción de censura e diríxense especialmente ao BNG “se realmente quere cambiar o rumbo deste Concello ou simplemente o seu voto de hoxe en contra da confianza no goberno municipal foi un paripé”.
Sobre os orzamentos municipais, os concelleiros do PP subliñan que “son tan malos que nin o BNG os apoia”. Como xa tiñan advertido “trátase duns orzamentos para cumprir os caprichos dos socialistas, non para dar solución aos problemas e necesidades dos veciños e veciñas” que “están fartos de obras sen xeito no casco urbano e o abandono do rural” onde “Vilalba Aberta prometera 1M€ por ano de mandato e agora recoñece que só leva investido 1,3M€, moi lonxe dos 4 prometidos”. Ao que hai que sumar “un caos circulatorio que teñen que soportar os vilalbeses no seu día a día” polas decisións do goberno local.
Así mesmo, inciden na “incongruencia” ou “cambio de opinión da alcaldesa” en relación á importancia da aprobación dos orzamentos. No seu día, como responsable da concellería de Facenda no anterior mandato, “dicía que o presuposto non era importante porque non cambia o funcionamento do Concello” para xustificar a súa incapacidade para aprobar uns orzamentos que, “por aquel entón chegaron a prorrogar durante 4 anos uns orzamentos do goberno do PP”.
Os concelleiros do PP afean que a rexedora socialista “pretenda culpar aos demais dos resultados da súa propia xestión” e advirten de que “non queira culpar ao Partido Popular dos atrasos nos pagos” xa que “a única responsable é a propia alcaldesa”.
“Marta Rouco ten na súa man chegar a acordos, pero a súa soberbia impídelle traballar dende o diálogo polo ben dos vilalbeses e vilalbesas”, conclúen.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



