Ribadeo, 10 de abril de 2026. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello de Ribadeo pon en marcha durante os meses de abril, maio e xuño un proxecto de sensibilización e apoio dirixido ás persoas coidadoras de dependentes, con especial atención ao alzheimer e a outros tipos de demencias.
O programa titulado Coidando ao Coidador incluirá charlas e obradoiros que serán impartidos por María Roel, enfermeira da Área de Benestar Social, Saúde e Familia. Estas actividades desenvolveranse durante os meses de abril e maio nas distintas parroquias de Ribadeo, cuxas datas concretas serán anunciadas proximamente.
Ademais, crearase un grupo de apoio mutuo en colaboración coa Asociación Cuiden Maiores e Coidadores. A concelleira Elena Sierra explica que “se trata dun proxecto piloto cunha duración inicial de tres meses, tras o cal se realizará unha avaliación para valorar a súa continuidade. Será con inscrición previa. Dentro desta iniciativa, tamén se celebrará o Primeiro Foro de Alzheimer, en colaboración coa Xunta de Galicia, AFALU Lugo e AFAN Burela. Este encontro terá lugar o 30 de maio e será unha xornada especial centrada no Alzheimer e noutras demencias e sobre todo nas persoas coidadoras e nos profesionais sociosanitarios. Así mesmo, o sábado 13 de xuño desenvolverase unha xornada de reivindicación e visibilización dedicada ás persoas coidadoras familiares no fogar”.
A edil responsable da Área de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, destacou a importancia desta iniciativa e sinalou que “é necesario crear este tipo de espazos seguros para apoiar ás persoas coidadoras de persoas dependentes, que desgraciadamente cada vez son máis”.
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, reafirmou o compromiso que O Concello ten con este tipo de accións: “seguiremos traballando nesta liña, onde o centro do coidado son as persoas e o valor destas, recoñecendo o labor fundamental das persoas coidadoras”.
Con este proxecto, o Concello de Ribadeo reforza o seu compromiso co benestar social e co apoio ás familias e coidadores, fundamentais na atención ás persoas dependentes.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



