Ribadeo, 10 de abril de 2026. O 15 de abril remata o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.
A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe presenta importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga, sumiller de restaurante Nito, de Viveiro, e barista en Coffee Urban Roasters, tamén en Viveiro; e Daniel Gutiérrez, influencer gastronómico lucense @oidocomida.
Este xurado, na fase previa, será o encargado de outorgar o premio á mellor tapa, que se anunciará antes do inicio da degustación, para así aportar unha maior visibilidade ao negocio gañador.
Haberá premios para o público que participe nas votacións do Ribadeo Sabe. Serán tres categorías dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo.
Desde o Concello e desde Acisa animan “aos locais hostaleiros a anotarse e a participar no Ribadeo Sabe. Os premios do renovado tapeo son especiais. E animamos tamén a ribadenses e visitantes a gozar do Ribadeo Sabe do 14 ao 17 de maio”.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



