Cervo, 13 de abril, 2026. O Partido Popular de Cervo criticou ao PSOE local por, segundo sinalan, xerar alarma social arredor dos Servizos Sociais municipais e por utilizar politicamente tanto ás traballadoras sociais como ao conxunto do servizo.
A formación popular explica que a moción presentada no último pleno tiña como obxectivo defender ás profesionais —incluído o persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)— fronte a ataques que consideran inxustificados, así como evitar a súa instrumentalización política.
O PSOE votou en contra da iniciativa.
Durante a sesión plenaria, a alcaldesa de Cervo afirmou que o grupo socialista tiña a oportunidade de rectificar tras a difusión pública dunha reclamación puntual dunha familia, xa aclarada, que foi compartida en redes sociais e empregada para cuestionar o traballo dunha profesional.
Segundo indicou, o PSOE decidiu manter esa liña de actuación, “persistindo no sinalamento e na utilización partidista do traballo dunha profesional”.
A rexedora insistiu en que non se deben empregar reclamacións puntuais nin o labor do persoal público para a fiscalización política, e cualificou esta práctica como xeradora de dano e incerteza.
O PP considera especialmente grave que, segundo explican, o PSOE basee o seu discurso nunha reclamación xa resolta e nun informe de inspección da Xunta de Galicia correspondente a outubro de 2025, que reflectía unha situación puntual derivada dunha baixa laboral xa corrixida. Aseguran que o documento foi utilizado fóra de contexto.
A alcaldesa subliñou que é necesario “falar con rigor e con datos actuais” e lamentou que se poña en dúbida o traballo das profesionais sen base técnica actualizada.
No mesmo pleno, o PSOE tamén votou en contra dunha moción do PP que instaba ao Goberno de España a cumprir coa Lei de Dependencia e asumir o 50% do financiamento do sistema. O PP considera que esta postura evidencia unha contradición entre a crítica ao funcionamento dos servizos e a negativa a reclamar máis recursos ao Estado.
O Concello de Cervo vén de adherirse ao incremento da achega da Xunta de Galicia ao servizo de dependencia, que suporá un investimento de 937.724 euros nos próximos tres anos.
O PP de Cervo conclúe que continuará defendendo o respecto ás profesionais dos Servizos Sociais, unha xestión baseada en datos e a reclamación do financiamento estatal correspondente para garantir unha atención digna ás persoas dependentes.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



