Instan ao PP a poñer en marcha un Plan municipal que permita activar solo, fomentar a construción e rehabilitación, e facilitar o acceso a prezos accesibles
Xove, 15 de abril de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Xove denunciou que o municipio leva máis de dúas décadas sen políticas públicas de vivenda e responsabilizou ao goberno local do Partido Popular de non ter impulsado ningunha medida fronte a un problema que cualifican de “estrutural” e que condiciona o presente e o futuro da localidade.
Desde o PSdeG lembran que as últimas promocións públicas construídas en Xove datan de finais dos anos noventa e subliñan que, desde entón, non se promoveu ningunha vivenda, nin pública nin privada. “Xove leva máis de vinte anos sen levantar unha grúa para construír vivenda”, remarcan.
A formación advirte de que na actualidade non existe oferta real nin para alugueiro nin para compra, unha situación que dificulta especialmente que a mocidade poida quedar a vivir no municipio e que tamén frea o seu desenvolvemento. Critican, ademais, que o goberno local non dispoña dun plan municipal nin de medidas para mobilizar solo, favorecer a construción ou impulsar a rehabilitación de inmobles.
As e os socialistas denuncian tamén a falta de planificación do executivo do PP e reprochan que, cando esta cuestión se aborda nos plenos, o alcalde “limítase a dicir que non hai solicitudes”, unha resposta que consideran “un intento de negar a realidade e evitar asumir responsabilidades”.
Fronte a esta situación, o PSdeG insta ao goberno local a poñer en marcha un Plan municipal de vivenda que permita activar solo, fomentar a construción e rehabilitación, e facilitar o acceso a inmobles a prezos accesibles. Así mesmo, reclaman que o Concello aproveite as ferramentas e liñas de axuda doutras administracións para incrementar a oferta residencial e dar resposta ás necesidades da veciñanza.
“As administracións teñen ferramentas para actuar; o que falta en Xove é vontade política e xestión para utilizalas”, conclúen desde o grupo socialista, que insiste en que esta problemática debe situarse entre as prioridades da axenda municipal.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



