Barreiros, 15 de abril de 2026. Carlos Canal gañou a segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño, que se disputou esta mañá entre Vilalba e Barreiros. O ciclista de Xinzo de Limia foi o primeiro en cruzar a liña de meta, a carón da praia de Benquerencia.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e da alcaldesa de Barreiros Ana Ermida foron os encargados de entregar o premio a Carlos Canal, que marcou un fito ao ser o primeiro ciclista galego en lograr unha vitoria nunha etapa desta rolda, que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O responsabel provincial destacou este final de etapa con vitoria galega como “o mellor final posible para unha xornada que ensinou ao mundo, a través das imaxes espectaculares da realización da proba, as paisaxes e o patrimonio natural das comarcas da Mariña e da Terra Chá” e reafirmouse en que “o ciclismo é o mellor deporte para a promoción do territorio, algo que valoramos á hora de apoiar a organización desta volta desde a súa primeira edición”
A alcaldesa valorou que “O Gran Camiño puxo Barreiros no mapa do deporte internacional e amosou a nosa capacidade para acoller ventos deportivos do máis alto nivel”. “A vitoria de Carlos Canal fixo que a festa fora absolutamente redonda, así que só cabe parabenizar a organización e agradecer o traballo das persoas voluntarias de protección civil e dos empregados municipais que fixeron posible que BArreiros acollese este evento deixando unha imaxe para o recordo”, concluíu.
A etapa lucense do Gran Camiño saiu ás 11.30 horas desde a Praza da Constitución de Vilalba. O pelotón internacional percorreu 148 quilómetros polas estradas de Vilalba, Muras -co Alto da Gañidoira como punto máis elevado do trazado -, Ourol, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Barreiros e Ribadeo. Os tempos desta segunda etapa deixan como lider da volta ao portugués Rafa Reis.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


