O PP vilalbés amosa a súa vontade por “chegar a acordos” en cuestións relevantes para o municipio como a promoción do asentamento de novas empresas a través da ampliación do polígono e o impulso do PXOM, un plan integral para o arranxo e mantemento de vías municipais especialmente no rural ou a apertura do Museo
Vilalba, 16 de abril de 2026. O Partido Popular manterá a vindeira semana encontros con Vilalba Aberta e BNG a vindeira semana despois de iniciar os contactos dando os primeiros pasos para dialogar e tratar de chegar a acordos para ofrecer “un goberno alternativo” ao actual goberno liderado pola alcaldesa socialista Marta Rouco.
Así o acordaron os concelleiros do Grupo Municipal Popular e o comité executivo do PP de Vilalba que preside Sandra Vázquez nunha reunión de traballo na que participou a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e na que analizaron a actualidade política no municipio e a súa incidencia no goberno no Concello.
Os populares subliñan que, “como forza máis votada polos vilalbeses nas últimas eleccións municipais, temos a responsabilidade de ofrecer un cambio de rumbo ao fronte do Concello, cun proxecto que faga avanzar ao noso concello; pero que non será posible sen o apoio de Vilalba Aberta e BNG”.
A presidenta local do PP manifesta a vontade dos populares de “chegar a acordos” en cuestións que “para nós son prioritarias” como promover o asentamento de novas empresas ou facilitando a expansión das existentes a través da ampliación do polígono industrial e do impulso do PXOM ou a elaboración dun plan integral de arranxo e mantemento da rede de vías municipais, especialmente dirixido ás parroquias do rural -onde se atopan nun estado de deterioro avanzadísimo e onde as obras que está realizando o goberno local na actualidade non garante a súa durabilidade en bo estado-”.
Os populares tamén apostan pola creación de aparcamentos alternativos para “desconxestionar moitas das rúas en Vilalba” despois do caos circulatorio ao que o actual goberno someteu ao casco urbano e pola apertura do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), entre outros proxectos para o municipio.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



