Os días 25 e 26 de abril, Navia acollerá unha programación multidisciplinar que integra o sector editorial e a ilustración profesional nos principais espazos públicos da vila
Navia, 22 de abril de 2026. O Concello de Navia, a través da súa Concellería de Cultura, presenta unha nova edición dunha das súas citas culturais máis destacadas: a XVII Feira do Libro e a III Feira da Ilustración. O evento, que se celebrará os días 25 e 26 de abril, converterá o centro da vila nun punto de encontro entre autores, ilustradores, editoriais e lectores.
Este ano, a programación enmárcase na conmemoración do 125º aniversario do falecemento de Ramón de Campoamor, e destaca pola súa transversalidade, unindo literatura e artes plásticas nunha proposta que busca fomentar o hábito lector e apoiar a industria creativa local e rexional.
Como antesala á apertura dos stands, o venres 24 de abril ás 20:00 h, o Cine Fantasio acollerá o espectáculo Madness. Un delirio musical. Da man de Illana e Primital Brothers, a obra combina teatro xestual e música a cappella, ofrecendo unha experiencia chea de imaxinación e humor para todos os públicos.
A actividade oficial comezará o sábado 25 ás 11:00 h coa apertura da Feira no Casino de Navia. Durante a mañá, o Cine Fantasio será escenario de presentacións literarias destacadas, como o thriller psicolóxico 48 horas en Navia, de Santiago Chova Gomis, e o libro de relatos Horas contadas, de Diego Encinas.
A tarde estará dedicada á ilustración e ao público familiar. Destaca o encontro con Patricia de Castro, que presentará o seu álbum ilustrado Matilde y sus viajes, e a conferencia do deseñador Juan Jareño. A xornada pechará coa participación de Juan Méjica, que presentará os seus poemarios Pandémica e Órgica.
O domingo, a feira centrará o foco no talento local cun encontro coa ilustradora naviega Luján Fernández, que compartirá a súa traxectoria e impartirá un taller de debuxo creativo para nenos.
Un dos momentos máis esperados chegará ás 17:15 h, coa presenza da xornalista e escritora María Teresa Álvarez, que presentará a súa última novela histórica, Partida de reinas. Tras as intervencións de Xurde Portilla Lejarza, José Luis Enríquez e Gema Álvarez, a feira clausurarase coa entrega dos premios do XVII Concurso de Marcapáxinas e o galardón ao mellor expositor de ilustración desta edición.
Ao longo de toda a fin de semana, o Casino funcionará como un auténtico laboratorio creativo, con talleres de mindfulness, ilustración de chapas, creación de flores recicladas e dinámicas literarias dedicadas a Gloria Fuertes.
Ademais, o público poderá visitar os stands de máis dunha decena de editoriais e librarías —como Hoja de Lata, Pez de Plata ou Pintar-Pintar— e coñecer de preto o traballo de 15 ilustradores e artistas que expoñerán nas diferentes plantas do Casino e na súa praza.
Desde a Concellería de Cultura anímase a veciños e visitantes a participar nesta celebración da palabra e da imaxe. Para asistir aos talleres recoméndase realizar inscrición previa a través do servizo de WhatsApp no 673 443 132.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


