Ribadeo, 20 de abril de 2026. Do 21 ao 30 de abril estará aberto o prazo de preinscrición nos Campamentos de Verán do Concello de Ribadeo, que inclúen colonias urbanas no CEIP Gregorio Sanz e campamentos no albergue de Allariz (Ourense). Esta programación conta co respaldo do Plan Corresponsables, que está cofinanciado pola Consellería de Política Social e igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, dixo que “se trata dunha proposta que responde ao compromiso municipal de ofrecer espazos seguros, inclusivos e educativos que contribúan ao desenvolvemento integral da rapazada, promovendo ao mesmo tempo a conciliación das familias”.
O edil ribadense explicou que “as actividades están dirixidas a nenos, nenas e mocidade do municipio, ofrecendo alternativas de lecer educativo durante o período estival. No caso das colonias urbanas, desenvolveranse en cinco quendas entre finais de xuño e finais de xullo, cun horario adaptado ás necesidades das familias, incluíndo servizo de conciliación desde as 8:00 ata as 15:00 horas. O programa inclúe actividades deportivas, xogos en grupo, xincanas, propostas creativas e excursións, así como iniciativas específicas para o alumnado de maior idade, como saídas a parques acuáticos e noites de convivencia”.
E engadiu: “pola súa banda, os campamentos en Allariz permitirán á mocidade vivir unha experiencia de convivencia en contacto coa natureza, reforzando valores como a autonomía, o traballo en equipo e a igualdade”.
As bases dos Campamentos de Verán publicaranse hoxe, 20 de abril. E O prazo de preinscrición permanecerá aberto do 21 ao 30 de abril. Poderá realizarse a través da sede electrónica, no Rexistro do Concello de Ribadeo ou presencialmente na Casa da Xuventude.
As listaxes provisionais de persoas admitidas e aquelas solicitudes que requiran emendas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal.
Establecerase un prazo de dez días hábiles para a corrección de erros ou achega de documentación. No caso de non cumprir con este trámite, entenderase a renuncia á praza.
E a listaxe definitiva de admitidos/as, a lista de agarda, o prazo de formalización e pago de taxas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica municipal.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Xuventude ou chamar ao teléfono 982 12 98 89.
Os Campamentos de Verán foron presentados polo alcalde, Dani Vega, e polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



