A conselleira, Marta Villaverde, informou á alcaldesa de que Portos de Galicia está a ultimar o proxecto para a súa presentación pública
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Viveiro, María Gueimunde, para abordar os avances na tramitación dos proxectos previstos para a zona portuaria do municipio. A titular do departamento autonómico, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, informou á rexedora de que o ente público está a ultimar o proxecto técnico para a mellora da fachada marítima e o aparcadoiro do peirao vello de Viveiro, unha obra na que Portos de Galicia investirá 1,8 millóns de euros.
Esta actuación permitirá acondicionar o bordo portuario na zona do paseo marítimo e a explanada anexa á estación de autobuses. Tal como indicou a conselleira, Portos de Galicia presentará publicamente a proposta técnica das obras previstas unha vez pechada a súa redacción, nas vindeiras semanas.
Durante o encontro, Villaverde deu conta tamén doutros proxectos de para os portos viveirenses de Celeiro e Viveiro. Así, a conselleira confirmou a Gueimunde que nos vindeiros días darán comezo os traballos de acceso peonil desde o porto deportivo da localidade ao centro de saúde. Ademais, o ente público sacará a licitación nesta primavera o proxecto para o saneamento do porto de Celeiro, cun investimento comprometido de 250.000 euros.
Finalmente, ambas partes abordaron tamén outras posibles propostas para a o aproveitamento de todo o bordo portuario coherentes coa proposta municipal de “abrir Viveiro ao mar”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



