Ribadeo, 21 de abril de 2026. O Concello de Ribadeo, a través da área de Benestar Social, Saúde e Familia, pon en marcha un novo ciclo de charlas de saúde, que se desenvolverán entre os meses de abril e maio nas distintas parroquias do municipio.
Estas sesións, impartidas por María Roel, enfermeira da área de Benestar, levarán por título Coidando a quen coida e estarán centradas na importancia do autocoidado das persoas coidadoras. Trátase de espazos pensados para parar, reflexionar e compartir experiencias arredor de cuestións clave como o manexo do estrés, as sinais de esgotamento, a comunicación coa persoa coidada, ferramentas prácticas de coidado e como pedir axuda cando é necesario.
A concelleira de Benestar, Elena Sierra, destacou “a importancia de crear estes espazos para parar e coidar do propio coidador, xa que cada vez hai máis desgaste neste ámbito”. E subliñou que estas iniciativas “permiten ofrecer ferramentas útiles para o día a día, axudando ás persoas a coidar sen sentirse mal por atender tamén as súas propias necesidades”, ao tempo que anima a toda a veciñanza a participar.
Pola súa banda, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, sinalou que “esta actividade forma parte da liña de traballo do Concello para seguir poñendo en valor o coidado das persoas e reforzar o apoio á veciñanza, especialmente a quen desempeña tarefas de coidado no seu entorno familiar”.
A charlas terán lugar o 28 de abril en Vilaselán, o 29 de abril en Rinlo, o 12 de maio na Devesa e en Arante, o 13 de maio en Ribadeo, o 15 de maio en Couxela, o 18 de maio en Cinxe, o 26 de maio en Vilaframil e o 28 de maio en Cedofeita.























A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



