A contía das axudas nas tarxetas moedeiro variará entre 130 e 220 euros mensuais, segundo as características da unidade familiar
Ortigueira, 23 de abril de 2026. As familias con menos recursos do Concello de Ortigueira poden solicitar, desde hoxe mesmo, as novas tarxetas moedeiro do Programa Básico de Servizos Sociais da Xunta de Galicia. O departamento municipal de Servizos Sociais será o encargado de tramitar esta axuda.
A diferenza doutras convocatorias puntuais, este recurso manterase activo ata 2029 para atender fogares en situación de vulnerabilidade. O programa, que mobilizará máis de 24 millóns de euros en toda Galicia, establece axudas mensuais que oscilan entre 130 e 220 euros, en función do número de integrantes da unidade familiar. As persoas beneficiarias disporán dunha tarxeta válida por doce meses, con renovacións periódicas, para o seu uso na rede de establecementos colaboradores.
A intervención do Concello non se limita á tramitación da axuda: tamén actuará como ponte coa Cruz Vermella, garantindo que as persoas beneficiarias reciban o acompañamento social previsto no concerto coa administración autonómica. Esta asistencia inclúe desde asesoramento en economía doméstica ata programas de nutrición saudable.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



